O Barco celebró el Orgullo LGTBI con un concierto

Publicidad

La Casa Consistorial lució banderas del arcoíris durante tres días y los grupos de la Corporación consensuaron un manifiesto

O Barco acogió hoy un concierto de «Piratas sen parche» con motivo de la celebración del Orgullo LGTBI. Inicialmente estaba previsto que se desarrollase en el Paseo de O Malecón, pero la posibilidad de tormentas, lo trasladó al Teatro Lauro Olmo.

El Concello de O Barco colaboró con las asociaciones de la comarca para celebrar el Día Internacional del Orgullo LGTBI+, que se conmemoró en todo el mundo el día 28 de junio. Las banderas del arcoíris ondearon en el Edificio Multiusos y la Casa Consistorial desde el 28 hasta hoy, 30 de junio.

Los grupos políticos que integran la Corporación municipal (PSOE, PP y BNG) consensuaron un manifiesto que dice así:

«Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos”. As revoltas que tiveron lugar en Stonewall en 1969 son o fito que
conmemoramos cada ano o 28 de xuño como precursor do movemento polos dereitos das persoas LGTBI en todo o mundo.
O día do Orgullo serviu históricamente ás persoas do colectivo para visibilizar a súa demanda de liberdade e igualdade. A súa demanda de vivir e ser igualmente libres: sen medo, sen ataduras, sen restricións.

Publicidad

Cada ano, o 28 de xuño configúrase como un día de reivindicación e celebración compartida da loita do movemento LGTBI e de demostración do apoio e o recoñecemento do conxunto da sociedade española. Un recoñecemento que se ven sucedendo desde o ano 2018, cando se declarou o Día Nacional do Orgullo LGTBI, coincidindo coa súa conmemoración internacional.

Desde o Concello do Barco consideramos que a celebración do Orgullo 2024 debe servir para facer un chamamento ás forzas políticas e sociais a evitar que desde as institucións se promovan discursos e accións discriminatorias. Unha oportunidade para poñer freo á adopción de medidas regresivas en contra da diversidade e os dereitos das persoas LGTBI+, que non son o reflexo do sentir da maioría social.

Non solo facemos nosas as reivindicacións do colectivo LGTBI, senón que entendemos que sen os seus dereitos plenamente recoñecidos, a nosa democracia non sería plena. En democracia producíronse os grandes avances en materia de dereitos e diversidade. En 2005 o Congreso dos deputados aprobou a Lei 13/2005, que reformou o Código Civil no relativo ao dereito a contraer matrimonio e que converteu en dereitos e igualdade real unha das grandes reivindicacións do activismo LGTBI. Esta lei recoñeceu de forma efectiva a dignidade a persoas LGTBI.

A aprobación da LEI 3/2007, do 15 de marzo, reguladora da rectificación rexistral da mención relativa ao sexo das persoas, supuxo un avance internacional sen precedentes para os dereitos das persoas transexuais. A Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans, e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI e a Lei Integral para a igualdade de trato e a non discriminación, supuxeron un importante avance cara á igualdade, a xustiza e a protección e recoñecemento dos
dereitos das persoas LGTBI, impulsando ao noso país á cabeza dos países respectuosos coas persoas LGTBI.

Este 2024 temos que sinalar a situación que sofren as persoas LGTBI en países membros da Unión Europea, e reclamar unha postura máis decisiva no avance dos seus dereitos e da igualdade real. Consecuentemente coa Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, o Convenio Europeo de Dereitos Humanos, a reiterada Xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ou a resolución do Parlamento Europeo sobre a declaración da UE como unha zona de liberdade para as persoas LGTBI, establecer nitidamente que os dereitos das persoas LGTBI son dereitos humanos e que o dereito á igualdade de trato e á non discriminación é un dereito fundamental consagrado nos Tratados da UE e debe gozar de pleno respecto.