Merelles (PP) visitou o Parque Comarcal de Bombeiros na Rúa

Publicidad

Puxo en valor o esforzo deste colectivo, «que traballa os 365 días do ano para garantir a seguridade dos valdeorreses»

Xosé Manuel Merelles, membro da candidatura do PP de Ourense ao Parlamento de Galicia, visitou xunto á alcaldesa de Carballeda de Valdeorras e delegada da Deputación Provincial de Ourense na comarca, as instalacións do Parque Comarcal de Bombeiros, emprazadas na Rúa.

Merelles puxo en valor o esforzo deste colectivo, que traballa os 365 días do ano para garantir a seguridade dos valdeorreses. “Aplaudo o seu esforzo diario e a inmediata resposta que ofrecen para atender calquera urxencia. A seguridade de todos os galegos foi sempre, e seguirá a ser, unha prioridade absoluta para o PPdeG”, destacou.

Merelles disfrutou dunha visita guiada polo parque, na que pudo coñecer os medios, como é a dotación de vehículos, e as instalacións que empregan os bombeiros no seu día a día.

Publicidad

Comprobou a boa equipación do parque de bombeiros, dotado con equipos especializados para o seu funcionamento, e amosou o seu interese pola actividade dos profesionais que o conforman.