Merelles estuda coa Asociación de municipios do Camiño de Inverno a promoción desta ruta xacobea

Publicidad

Xose Manuel Merelles reuniuse con representantes deste colectivo e lembrou que o Goberno autonómico ten previsto un investimento dun millón de euros para sinalización, mantemento e conservación do trazado

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, mantivo un encontro con varios representantes da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, entre eles o presidente deste colectivo, Enrique Álvarez Barreiro (tamén alcalde de Vilamartín) para abordar novas vías de colaboración que contribúan a impulsar a promoción e divulgación deste itinerario. 

Xosé Merelles explicou que esta acción enmárcase no traballo da Xunta de Galicia recollido no Plan Director dos Camiños de Santiago 2023-2027 por traballar na diversificación dos distintos itinerarios xacobeos e contribuir a que a chegada de peregrinos estea repartida por todo o territorio galego.

De xeito paralelo, o Goberno autonómico ten xa previsto un investimento que superará o millón de euros para sinalización, mantemento e conservación do trazado do Camiño este 2024.

Publicidad