Merelles apoia aos traballadores afectados pola paralización cautelar da actividade da mina de Penouta

Publicidad

Desprazouse ata este núcleo de Viana do Bolo para reunirse con personas relacionadas con este sector

Xosé Manuel Merelles, integrante da candidatura do PP de Ourense ao Parlamento de Galicia, desprazouse esta mañá ata Penouta, no municipio de Viana do Bolo, para trasladar o apoio dos populares aos traballadores e ás familias afectadas pola paralización cautelar da actividade da mina de coltán emprazada na zona. Alí reuniuse cun grupo de persoas relacionadas coa actividade nesta mina.

Publicidad

Merelles lembrou que a mina xera máis de 200 postos de traballos -entre directos e indirectos- “nunha zona de alta montaña” onde “o emprego é moi escaso”. A paralización da súa actividade repercute negativamente na economía da zona posto que “estamos a falar de persoas que realizan a súa vida cotiá e na contorna, fan as súas compras ou alugan pisos, por exemplo. “Todo isto está en perigo”, engadiu.

“Defendemos, por suposto, que a actividade desta mina respecte a contorna ambiental na que se asenta, pero non podemos instalarnos no inmobilismo, porque se non apoiamos a actividade desta empresa, acabará pechando”, manifestou o candidato.

Publicidad

“Como non podería ser doutro xeito, manifesto o meu máis profundo respecto a calquera decisión xudicial e ao traballo dos nosos tribunais”, indicou Merelles, quen engadiu que “un goberno autonómico conformado polo PPdeG vai traballar sempre na busca de solucións para este asunto, do lado dos empregados”.