Mercedes González Pazos (Sumar): «Hai que axudar a emprender á mocidade»

Publicidad

A número 1 da lista por esta formación en Ourense mantivo un encontro na Rúa con mozas e mozos emprendedores de Valdeorras

A valdeorresa Mercedes González Pazos, número 1 das listas de Sumar por Ourense para as eleccións galegas do 18 de febreiro, mantivo un encontro con mozas e mozos emprendedores de Valdeorras para recoller a súas inquedanzas na que o resultado foi unha experiencia, dixo, que marca a posibilidade de «abrir unha ventana de oportunidade para unha cooperativa de emprendedores xóvenes que apostan por quedarse no rural», expresou.

Mercedes González puxo en valor o empeño e aposta que fai a mocidade que decidiu emprender para fixar a súa actividade no territorio que os viu nacer, «máxime cando todos e todas sabemos que as provincias do interior de Galicia e, especialmente as zonas rurais e de alta montaña de Ourense, carecen de calquer apoio en positivo que faga atractivo á mocidade quedarse a vivir e moito menos a emprender».

No encontro na Rúa invitou aos mozos e mozas emprendedores a expresar sen filtros as inquedanzas, facilidades, dificultades e logros para tomar nota e deseñar medidas.

Publicidad

A número 1 da lista en Ourense por Sumar, formación que concorre as eleccións baixo o slogan «Farémolo posible», comprometeuse a facilitar o emprendemento en Valdeorras.

Contaron a súa experiencia emprendedores da A Capitana tattoos (O Barco), Casa da Maior “Agarimo” do Bolo e Aperta Academia/ Tatiños logopedia, reseñando as dificultades que tiveron para emprender e a súa aposta por traballar na súa terra.