María González Albert: «A Rúa inicia o 2025 con novos proxectos, un deles a renovación de parques infantís»

Publicidad

A alcaldesa fai balance do ano 2024, «complicado» e ao mesmo tempo, «con proxectos moi interesantes», di

A alcaldesa da Rúa, María González Albert, fai balance do ano 2024, un ano «complicado, moi condicionado por non ter a conta xeral aprobada, realidade que nos fixo perder moitas subvencións, por valor de 900.000 euros». A pesar diso —engade— «fumos capaces de sacar adiante proxectos interesantes como, por exemplo, a ordenanza para vivendas de aluguer social e a entrega da primeira delas a persona que resultou adxudicataria».

María González Albert sinala que este ano, ademais das iniciativas sociais, houbo outras como a apertura do albergue dos peregrinos, que está axudando a desenvolver o Camiño de Inverno para «que A Rúa poda ser de referencia dos camiñantes. O Concello puxo a primeira pedra, aínda que o Camiño ten que crecer e todo iso ten que ver acompañado da iniciativa privada».

A nivel de obras, a alcaldesa explica que o Concello da Rúa fixo melloras gracias o programa CoperOU, da Deputación provincial, institución que, «a raíz do cambio na presidencia, foi máis aberta a que todos os concellos poidésemos participar nas nominativas», precisou. Esto facilitou tamén que «se poideran continuar algunhas como as da Pireira, Mazaira, As Fontes, Camiño do Disco, Somoza etc».

Publicidad

María González Albert lembra que o Concello da Rúa iniciou a reforma das vellas canalizacións de auga e que terá continuidade no 2025 pois o servizo é unha prioridade.

A renovación de servizos de agua foi outra mellora que centrou este ano como foi a mellora da estación depuradora do depósito de Santo Estevo, que «tiña moitos problemas derivado dos compoñentes da auga, que é moi ferrosa e con moito mineral. Esta renovación mellorou moitísimo a calidade da auga na Rúa Vella e xa non ten turbidez».

No 2025 instalarase un sistema similar no «depósito da Artística», que suministra auga a A Rúa, «e xa temos un estudo económico para poñer en marcha a Estación Depuradora da Mancomunidade de Aguas en Mones, que está construida dende hai 20 anos e nunca se puxo en marcha», conta a alcaldesa.

Parques infantís

O Concello da Rúa xa ten, ademais, o proxecto para a renovación de parques infantís, unha necesidade que comenza ca reforma do de Fontei e que se executará no resto dos parques. «Teñen deficiencias e imos corrixilas», valorou a rexedora.

María González Albert subliña o traballo feito nas piscinas municipais, que se rematará agora coa renovación do peche perimetral frontal, que vaise facer a principios do novo ano.

Festas e cultura

O cambio de ubicación das Festas de Verán da Rúa foi outra iniciativa municipal, que «foi difícil porque os cambios sempre son polémicos —di— pero demostrou que era necesaria, primeiro por cuestións de seguridade para cumplir coa normativa, pero sobre todo por razóns de espazo».

Sobre a BacoFesta, festa sin dúbida de referencia en Valdeorras, e as Festas de Verán, remarca que «o Concello fai un esforzo económico e de traballo de organización para ofrecer a mellor oferta cultural. Na Rúa, tradicionalmente, sempre houbo unha aposta cultural e durante todo o ano. Temos cine comercial, teatro, música, presentacións de libros, exposicións etc.»

Finalmente, cita que no que se acaba A Rúa aumentou o padrón de habitantes con 82 personas mais. O 13 por cento da poboación é nacida fora de España, de aí o programa dirixido a migrantes posto en marcha polo Concello coa Fundación Acolle. «Está funcionando moi ben para a integración, para que non se xeneren guetos».

O servizo da auga, os parques infantís, a renovación das rúas e pavimentación nos núcleos rurais son prioridades para o Concello da Rúa no ano que entra, o 2025.