María Albert: «Os nosos maiores non poden estar a expensas das ganancias das residencias»

Publicidad

O BNG tivo o seu mitin na Praza Galicia de A Rúa ca presencia da número un da lista por Ourense, Noa Presas

O BNG escolleu a Praza de Galicia de A Rúa para o seu mitin de cara as vindeiras eleccións do 12 de xullo. María González Albert, número 3 da candidatura nacionalista ás eleccións galegas, ex alcaldesa e actual concelleira, falou de temas que preocupan á veciñanza.

Valorou que «Valdeorras está cada vez mais incomunicada», tanto con Ourense como co interior dos pobos da comarca. Criticou o desmantelamento dos servizos ferroviarios, porque «non todo é AVE», e o Plan de Movilidade da Xunta. «O BNG aposta por un tren de proximidade, que permita que nos comuniquemos entre nós para que o país esté vertebrado», indicou.

Falou tamén do desenvolemento económico. «O sector do viño é importantísimo. Está pasando un mal ano, como outros sectores, e a Xunta o ten abandoado». Lembrou o Banco de Terras que puxera o bipartito (BNG-PSOE) hai uns anos, que «habría que poñer en valor».

Publicidad

Tamén afondou na política contra lumes da Xunta, rexeitando a falta de medios e plantexando necesidades como un helicóptero na base de Vilanova (O Barco).

María Albert argumentou que Valdeorras «é unha comarca moi industrial, non só polo sector louxeiro», do que manifestou que «a pesares das subvencións que recibe da Xunta a fondo perdido, teñen aos traballadores nunha situación moi mala».

Considerou que nas citadas medidas post-COVID, «aiquí se preocuparon moito da hostelería, pero o pequeno comercio sufriu moito, xa sufría antes da pandemia».

Publicidad

Calificou de inxusto que «sendo unha terra chea de encoros e centrais hidroeléctricas, esteamos a pagar o precio da electricidade mais alto do Estado. Nós apostamos por unha tarifa eléctrica axeitada».

Pero «onde o PP nos ten mais abandoados en Valdeorras —puxo de relieve Albert— é no ámbito dos servizos públicos, ten destrozados aos concellos». Citou como exemplo o ensino, a Lei de Dependencia e a sanidade. Neste senso, remarcou que «para o recoñecemento da dependencia ten que pasar alomenos un ano».

Considerou que na Residencia de Fátima de O Barco, «aínda non houbo ningunha responsabilidade política, nin de xestión, pola cantidade de mortos que houbo aí. O sistemas de residencias de Galicia merecen un debate, deben estar en mans públicas. Os nosos maiores non poden estar a expensas dos beneficios e ganancias das empresas».

María González Albert falou da sanidade. «Levamos 20 anos pedindo un centro de saúde en A Rúa e o primeiro día de campaña, apareceu Feijóo dicindo que o 13 de xullo o teremos porque o merece, pero tamén merecía que o alcalde ou alcaldesa, ao marxe do partido que gobernase, fosen recibidos», dixo en alusión a época que Albert foi alcaldesa e perante a que se fixeron xestións ante a Xunta para tentar que se construira.

Do Hospital Público de Valdeorras, apuntou que «foi desmantelado sistemáticamente dende a creación das EOXI e dende que pasamos a ser un mero apéndice da Área de Ourense. Todas as especialidades as foron quitando sustituindo por consultas semanais». Engadiu que o candidato do PP a Xunta de Galicia manifestou en O Barco «que ía a poñer ciruxía menor e maior, cando xa existen, sin saber cales son os que hai e os que non».

Pola súa banda, a cabeza de lista por Ourense do BNG, Noa Presas, acudiu a un mitin no Concello valdeorrés da Rúa onde chamou á veciñanza a facer historia votando á organización nacionalista e tendo a primeira muller á fronte da Xunta de Galiza. Presas, acompañada da tamén candidata María G. Albert, reivindicou o papel das mulleres e a mobilización destes últimos anos do feminismo galego afirmando que “é a hora das mulleres”.

Durante o mitin, a nacionalista Presas exemplificou o traballo do BNG na súa compañeira de organización e de candidatura, a concelleira ruesa, María Albert: “exemplo de liderado feminista e nacionalista que hoxe botan de menos todos os veciños e veciñas” afirmou Presas lembrando que María foi alcaldesa da vila. “A súa entrada no parlamento será un privilexio por ser unha persoa firme, decidida e dialogante” enumero a cabeza de lista mentres lembraba os traballos conxuntos que realizaron na defensa dos intereses da comarca de Valdeorras.

“Feijóo promete máis servizos e mellor sanidade para Ourense como se non levase 11 anos gobernando este país” enunciou sorprendida a candidata. Asemade, indicou que o candidato do PP foi “incapaz de consensuar unha solución para o centro de saúde da Rúa” e unicamente o empregou “como chantaxe electoral”.

Mais tamén lembrou a cabeza de lista do BNG como nestes once anos de goberno da formación conservadora á fronte da Xunta de Galiza “o hospital de Valdeorras foise degradando, restándolle autonomía despois da reforma da lei de saúde, tendo persoal que ten aquí para a praza pero que traballa en Ourense”. Para o BNG, a falta de persoal no hospital levou tras de si, situacións tan graves “e aínda sen investigar” como a falsificación dos partes de garda.

Presas tamén criticou a situación actual pola que atravesa a base de Vilanova sen helicóptero e “A Rúa segue sen motobomba”. “É inaceptable que a día de hoxe con altas temperaturas e xa en alto risco de lumes non teñamos os medios aéreos suficientes” reivindicou a candidata do BNG. Esta situación de desprotección contra os lumes non é a única na que a Xunta de Feijóo se puxo de perfil xa que “tamén o fixo na des localización de Iberdrola: once anos de goberno ausente e irresponsábel”.