María Albert: «O PP e o Concello de A Rúa incumpren a Lei Electoral»

Publicidad

A candidata do BNG ao Parlamento Galego afirma que os «populares» anuncian inversións a tres días das eleccións

A candidata do BNG ao Parlamento galego, Maria G. Albert, vén de comunicar a intención dos nacionalistas de denunciar ante a Xunta Electoral o comunicado feito hoxe polo Concello da Rúa no que se anuncian investimentos futuros no Polígono Industrial das Pedreiras subvencionados pola Consellería de Industria.

Albert destacou que “semella incríbel que despois de 40 anos de procesos electorais o Partido Popular continúe a incumprir sistematicamente a Lei Electoral anunciando investimentos a tres días vista das eleccións e usando ademáis canles oficiais do Concello da Rúa para facelo”. Desde o BNG destacan tamén que o PP ten que “abandoar estas actitudes ventaxistas más propias de organizacións mafiosas que de gobernos elixidos democráticamente”.

O anuncio feito esta mañá na páxina oficial do Concello da Rúa e nas súas redes sociais despertou o “estupor” do BNG que a través da súa candidata na comarca criticou con dureza que “o PP se empeñe en vulnerar a Lei Electoral unha e outra vez xa que teñen unha percepción escandalosa da súa propia impunidade para non ter que someterse ás mesmas normas que o resto de formacións políticas”.

Publicidad

María Albert afirmou, neste sentido, que actitudes como esta dos “populares”, que “entenden as institucións como un chiringuito propio do que dispor ao seu antollo” confirman a necesidade imperiosa de que “este domingo haxa un cambio neste país que garanta que a Xunta de Galiza volte a ser a Xunta de todas as galegas e galegos e non un centro de reparto de favores e un instrumento para perpetuar o caciquismo do PP na Administración pública deste país”