Margarida Pizcueta: «De Perto ten un recanto adicado a Florencio»

Publicidad

A concelleira de Cultura presento o ciclo cultural da palabra contada, que cumpre a súa décima edición

De Perto cumpre a súa décima edición. A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, presentou o ciclo da palabra rimada, contada y cantada, que organiza o Concello do Barco, e que desenvolverase do 1 ao 15 de xullo, tendo moi presente que 2022 é o ano de Florencio Delgado Gurriarán. Por iso, o programa conta cun «recanto Florencio», onde o poeta de Córgomo «ten o seu protagonismo», dixo.

Diferentes voces valdeorresas resaltarán a figura e a obra de Florencio, recitando, contando e cantando a Florencio”, destacou Pizcueta. Deste xeito, estarán Fátima Delgado, o cantautor Anxo Rei (con «Fronteira de cegoña»), o actor e músico Paco Campos, Domingo Díaz Docampo e a agrupación Os Furafollas.

No ámbito da narración oral actuarán Carolina Rueda, Pep Bruno e tamén Eugenia Manzanera. «O que teñen en común é que son figuras moi recoñecidas no oficio de contar historias», engadiu Margarida Pizcueta.

Publicidad

Finalizará cunha obra de teatro en pequeno formato, “A parábola do Angazo”, a cargo de Talía Teatro valdeorresa.

As actuacións do ciclo De Perto serán nos Xardíns da Casa Grande de Viloira (O Barco) ás 20h., agás o de “Cantarenas” de Paco Campos e a obra de teatro de Talía, que serán ás 22:30h.

O cartel do ciclo De Perto está feito pola artista valdeorresa Celia Rei.