Os socialistas galegos aprobaron unha nova executiva este domingo
O domingo quedou elexida a Comisión Executiva Nacional Galega da que forman parte a concelleira de Cultura do Barco de Valdeorras, Margarida Pizcueta (Secretaría da Lingua) e a alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez Barja (Secretaría de Emprendemento e Traballo Autónomo).
Os socialistas galegos aprobaron unha nova Executiva paritaria na que o lugués Luis Ángel Lago Lage asumirá a Secretaría de Organización xunto coa concelleira de As Pontes Ana Pena como adxunta. Besteiro renovou máis da metade da Executiva, que reduciu os integrantes nun 31 por cento, pasando de 58 a 40 persoas, con 20 homes e 20 mullere
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, chamou a “reactivar” ao PSdeG cunha estratexia baseada na “unidade de acción” e cun proxecto autónomo que o sitúe con opcións de recuperar o goberno galego. Besteiro clausurou o Congreso Extraordinario que rematou o proceso de relevo no partido e no que tamén interveu o ministro de Transportes, Óscar Puente.
Reivindicou un PSdeG “coherente, contundente e valente”, cunha acción política propia; o feminismo como eixo da natureza e do proxecto socialista, que é tamén “o partido do emprego digno, das entes do mar e dos traballadores e traballadoras do campo” e chamou a blindar a sanidade, a educación e a dependencia.
O secretario xeral do PSdeG comezou a intervención trasladándolle unha mensaxe de “comprensión, apoio e respaldo” dende Galicia ao presidente do goberno.
Pola súa banda, o ministro de Transportes, Óscar Puente, calificou o congreso dos socialistas galegos como un “punto de inflexión” para recuperar a presenza do partido, que conta con “liderado, bo equipo e proxecto”, que ofrece “motivos para estar optimista”. Sinalou a Besteiro como un “líder decente, preparado, serio, fiable, con máis altura e paciencia que ninguén”, logo da situación que viviu nos últimos 8 anos, que levará ao PSdeG “ao lugar que merece».