Margarida Pizcueta: “A xente pide Terrasón”

Publicidad

A concelleira de Cultura presentou o programa de música ao aire libre e nas terrazas do Barco

O que comenzou sendo unha alternativa aos tempos de pandemia para dinamizar a hostelería e o verán con música ao aire libre e nas terrazas, agora é unha demanda. “A xente pide Terrasón”, dixo Margarida Pizcueta, durante a presentación do programa musical que desenvolverase dende o vindeiro venres, 5 de agosto, ata o 4 de setembro. A novidade e que conta por primeira vez con apoio do Xacobeo.

Margarida Pizcueta valorou que o programa queda “redondiño e cun pouquiño de todo, que é o que buscamos.

“Trátase de que haxa oferta musical pois no inverno funciona o cine e o teatro e no verán, a música”.

Publicidad

Sin restar protagonismo aos grupos participantes, Margarida Pizcueta suliñou o concerto do rués Magín Blanco, que nos últimos anos adicouse ao público infantil e que, desta volta, volve a súas orixes facendo música para adultos, co seu espectáculo “Camiño da Luz”, “recuperando unha parte da súa esencia, de cando era integrante de La Rosa”, engadiu.

Magín Blanco e Rober & Piru poñen a nota valdeorresa en Terrasón. Repiten Los Mecánicos e tamén Rafa Dj, que “xa estiveran facendo algún bolo e festas no Barco” —puntualizou—. E actuarán os bercianos Nowie & The Barbers.

Outros grupos que conforman o programa son Albert Solo & The fire bird blues e Dani Barreiro &Firends.

Xógara & Owl Light Trío será a primeira banda en actuar, o venres 5 de agosto ás 22,30 cun estilo de música folk.

A música é o sal do Terrasón.