A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) movilizou a personas de toda Galicia, tamén Valdeorras
A Asociación Agraria de Galicia movilizou a máis de 500 personas de todas as comarcas galegas, tamén Valdeorras, para apoiar en Madrid a histórica manifestación en defensa do Medio Rural.
A cita, que ademais desta asociación, foi convocada tamén por ASAJA, COAG, UPA, a Real Federación Española de Caza, a Oficina Nacional de la Caza, a Unión de Criadores del Toro de Lidia, a Federación Nacional de Comunidades de Regantes de España, Cooperativas Agro-Alimentarias e Alianza Rural. Foi un auténtico éxito de participación.
Baixo os lemas, “Xuntos polo campo” e “Co rural non se xoga”, máis de 500 personas se subiron aos 10 autobuses que fletou a ASAGA e que fixeron varias paradas en distintos puntos das catro provincias galegas. Entre outros, Santiago, Lugo, Lalín, Silleda, A Rúa, Carballo, Ordes, ou Trazo.