Facebook Instagram RSS Twitter Youtube
  • Inicio
  • Noticias
  • Instituciones
  • Gente
  • Municipios
    • O Barco
    • A Rúa
    • Vilamartín
    • Larouco
    • Carballeda
    • Petín
    • Rubiá
    • A Veiga
    • O Bolo
  • A pie de calle
  • Fiestas
  • Eventos
  • Cultura
  • Turismo en Valdeorras
  • CAMINO DE INVIERNO
  • Agenda Comercial
  • Sucesos
  • Contacto
    • De Cerca
Buscar
8 C
O Barco de Valdeorras
domingo, diciembre 14, 2025
Facebook Instagram RSS Twitter Youtube
Registrarse
¡Bienvenido! Ingresa en tu cuenta
¿Olvidaste tu contraseña? consigue ayuda
Política de Privacidad
Recuperación de contraseña
Recupera tu contraseña
Se te ha enviado una contraseña por correo electrónico.
Valdeorrasdecerca
  • Inicio
  • Noticias
  • Instituciones
  • Gente
  • Municipios
    • O Barco
    • A Rúa
    • Vilamartín
    • Larouco
    • Carballeda
    • Petín
    • Rubiá
    • A Veiga
    • O Bolo
  • A pie de calle
  • Fiestas
  • Eventos
  • Cultura
  • Turismo en Valdeorras
  • CAMINO DE INVIERNO
  • Agenda Comercial
  • Sucesos
  • Contacto
    • De Cerca
  • Instituciones
  • Noticias
  • Vilamartín

Luis Menor, na entrega do Premio Ourensanía a Rafael López: «É un orgullo contar cun ourensán que rescata vidas desde a investigación médica»

Por
Susana Prieto
-
noviembre 10, 2025
Facebook
Twitter
WhatsApp
    Publicidad

    Rafael López agradeceu esta distinción afirmando que «é unha oportunidade de volver mirar á miña terra co corazón na man, con emoción e con orgullo»

    O Teatro Principal de Ourense acolleu hoxe o acto de entrega do Premio Ourensanía 2025 a Rafael López López, xefe do Servizo de Oncoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, pola súa profunda e constante vinculación coa provincia.

    O presidente da Deputación, Luis Menor, puxo en contexto o Premio Ourensanía subliñando que este galardón é unha homenaxe ás persoas que co seu traballo, esforzo e compromiso fixéronse merecentes do recoñecemento desta provincia, distinguindo «esa identidade tan propia».

    Nesta liña, Luis Menor destacou que Rafael López recibe este premio como «recoñecemento a túa valía e ao orgullo das túas orixes», e coa intención de que «sintas que a provincia che está a devolver un pouquiño do moito que ti tes entregado aos demais».

    Publicidad

    O presidente provincial fixo un repaso pola traxectoria persoal de Rafael López, nado en Vilamartín de Valdeorras, sinalando que «non perdiches a esencia de quen es», unha persona cuxo «único e principal motor é salvar vidas, non buscar recoñecementos».

    O galardoado encarna o espírito que define aos ourensáns, ao ser quen de «compaxinar unha carreira profesional de éxito coa humildade que tanto o caracteriza», salientou Menor, quen lembrou que as súas orixes familiares xa deixaron nel unha fonda pegada e arraigo pola nosa terra.

    Sobre a carreira profesional do premiado, Luis Menor afirmou que seguirá a ser «protagonista na historia de moitas persoas e na historia de moitos avances clínicos que, estou seguro, están por chegar». Así, Rafael López «encarna a esencia deste galardón porque sentimos orgulloso, como pobo, de contar cun ourensán que rescata vidas desde a investigación médica». Un labor que exerce desde Santiago, pero coas «portas sempre abertas aos ourensáns que o precisen».

    Desexou que este merecido recoñecemento sexa «unha nova inspiración e motivación para seguir avanzando na túa maior meta na vida: na loita contra o cancro e na mellora da calidade de vida das persoas».

    Ourense, «unha identidade que nos acompaña alí onde vaiamos»

    Tras recibir o Premio Ourensanía 2025 —representado nunha escultura de bronce do artista Xosé Cid—, Rafael López agradeceu a oportunidade que lle brinda esta distinción para «volver mirar á miña terra co corazón na man, con emoción», aínda que tamén con tristura logo da vaga de lumes deste verán. Afirmou que o galardón é un orgullo á hora de representar á provincia, porque en Vilamartín aprendeu «o valor do esforzo cos meus pais e que a terra dá froitos se se coida, se respecta e se ama».

    Con palabras para a súa outra paixón, a familia, tamén recolleu na súa intervención as palabras de Otero Pedrayo, «Galicia é unha patria que se leva na alma», para engadir que «Ourense, no corazón» porque esta terra é «unha forma de estar no mundo, unha identidade que nos acompaña alí onde vaiamos».

    Dirixiuse á mocidade para que opte polo «esforzo e o talento», entendendo que o fracaso «forma parte do camiño e da aprendizaxe». Un futuro que deben escribir «sen esquecer as súas raíces» afirmando que ser ourensán é «levar nos xenes o esforzo, a esperanza e a dignidade».

    Cada avance contra o cancro, cada investigación, cada logro, «leva consigo o orgullo de representar a esta provincia», engadiu o premiado, que tivo palabras de agradecemento para as súas compañeiras e compañeiros «que compartiron comigo ideas, esforzos, noites sen durmir, ilusións e tamén decepcións».

    Rafael López finalizou facendo un chamamento á aposta pola investigación e innovación asegurando que é «o único camiño» para poder mellorar a calidade de vida das persoas, así como a única vía para asegurar a “»ustentabilidade da nosa sociedade» porque «a ciencia é unha necesidade, non un luxo».

    No acto celebrado esta tarde participaron tamén Agustín Fernández, amigo da infancia, e Jesús García Mata, xefe do Servizo de Oncoloxía do CHUO, para achegar desde a súa propia experiencia detalles da personalidade e profesionalidade do galardoado. Ademais, estiveron presentes no acto a través dun vídeo Marisol Soengas e Mariano Barbacid, dous recoñecidos investigadores en oncoloxía.

    Rafael López, co conselleiro de Sanidade

    Tamén estiveron o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o  conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, entre outras moitas autoridades.

    A gala contou cun apartado musical, a cargo do cantante e compositor ourensán Borja Quintela, e a participación da Real Banda de Gaitas da Deputación que pechou o acto co himno galego.

    Rafael López e Luis Menor, coa música da Real Banda de Gaitas da Deputación

    Traxectoria profesional

    Rafael López López, ademais de Xefe do Servizo de Oncoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, é director do Grupo de Oncoloxía Traslacional do IDIS e coordinador da área de cancro de Oncomet, e Catedrático da Facultade de Medicina da USC.

    Cabe destacar na súa dilatada carreira profesional que foi precisamente a súa iniciativa en ONCOMET onde o seu liderado se converteu en decisivo para facer investigación contra o cancro en Galicia, contribuíndo a que hoxe sexa unha referencia a nivel nacional e internacional.

    Rafael López presidiu a Sociedade Galega do Cancro, contribuíndo tamén á Estratexia Galega contra o Cancro, sendo actualmente presidente de ASEICA. A súa impagable pegada no eido sanitario tamén é froito do traballo que realiza no ámbito da investigación, líder en España en biopsia líquida, na que puxo tanto empeño e na que grazas ao seu esforzo é hoxe unha realidade nos hospitais galegos, ademais de proxectos centrados no estudo e tratamento da metástase. 

    • Etiquetas
    • Diputación de Ourense
    • Luis Menor
    • oncólogo
    • Ourense
    • Premio Ourensanía
    • Rafael López
    • Vilamartín
    Susana Prieto
    Susana Prieto
    Licenciada en Ciencias de la Información por la Universidad Complutense de Madrid.

    Artículos relacionadosMás del autor

    Luis Menor se reunió con alcaldes para avanzar en el PAI, plan que movilizará más de 7 millones de euros en Valdeorras

    A Deputación presenta na Comisión de Facenda os orzamentos, que superan os 110,4 millóns de euros

    La Diputación destina 50.000 euros a mejoras en el Santuario de As Ermidas

    Rafael López, Premio Ourensanía 2025: «Estamos en un momento dulce y esperanzador, empezando a entender qué es el cáncer pero hay que invertir más...

    Diputados del PP de Ourense y León: «El Gobierno socialista confirma que incumplirá el compromiso de licitar en 2025 las obras del primer tramo...

    Luis Menor: «Ourense é a segunda provincia que recibe maior financiamento por habitante en Galicia»

    Publicidad
    Publicidad
    Publicidad

    Síguenos en Instagram @valdeorrasdecerca

    SOBRE NOSOTROS
    Periodismo en Valdeorras. Noticias, entrevistas, curiosidades, fiestas y actualidad de la identidad de Valdeorras, pero sin trazar fronteras geográficas ni de contenido. La esencia de un pueblo está en su gente.
    Contáctanos: redaccion@valdeorrasdecerca.com
    SÍGUENOS
    Facebook Instagram RSS Twitter Youtube
    • Inicio
    • Noticias
    • Instituciones
    • Gente
    • Municipios
      • O Barco
      • A Rúa
      • Vilamartín
      • Larouco
      • Carballeda
      • Petín
      • Rubiá
      • A Veiga
      • O Bolo
    • A pie de calle
    • Fiestas
    • Eventos
    • Cultura
    • Turismo en Valdeorras
    • CAMINO DE INVIERNO
    • Agenda Comercial
    • Sucesos
    • Contacto
      • De Cerca
    © Valdeorras de Cerca 2017
    Esta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.