LGTBI en O Barco: banderas y manifiesto de la Corporación

Publicidad

Los grupos políticos consensuaron un documento de apoyo al movimiento LGTBI y sus reivindicaciones

El Concello de O Barco colgó la bandera LGTBI en la Consistorial y edificios municipales, con los colores del arcoíris, para visibilizar y respaldar las reivindicaciones del movimiento LGTBI. Precisamente, mañana lunes, 28 de junio, es el Día del Orgullo Gay.

El manifiesto dice así:

Cada ano, o 28 de xuño configúrase como un día de reivindicación e celebración compartida da loita do movemento LGTBI e de demostración do apoio e o recoñecemento do conxunto da sociedade española. Un recoñecemento que se ven sucedendo desde o ano 2018, cando se declarou o Día Nacional do Orgullo LGTBI, coincidindo coa súa conmemoración internacional.

Publicidad
Publicidad

Desde o Concello do Barco consideramos que a celebración do Orgullo 2021 debe servir para facer un chamamento ás forzas políticas e sociais a evitar que des institucións se promovan discursos e accións discriminatorias. Unha oportunidade para poñer freo á adopción de medidas regresivas en contra da diversidade e os dereitos das persoas LGTBI, que non son o reflexo do sentir da maioría social.

Non solo facemos nosas as reivindicacións do colectivo LGTBI, senón que entendemos que sen os seus dereitos plenamente recoñecidos, a nosa democracia non sería plena. En democracia producíronse os grandes avances en materia de dereitos e diversidade.

En xuño de 2005 o Congreso dos deputados aprobou a Lei 13/2005, do 1 de xullo de 2005, que reformou o Código Civil no relativo ao dereito a contraer matrimonio e que converteu en dereitos e igualdade real unha das grandes reivindicacións do activismo LGTBI. Esta lei recoñeceu de forma efectiva a dignidade a persoas LGTBI.

A aprobación da LEI 3/2007, do 15 de marzo, reguladora da rectificación rexistral da mención relativa ao sexo das persoas, supuxo un avance internacional sen precedentes para os dereitos das persoas transexuais. Pero estes avances non poden ocultar que aínda é moito o que necesitamos avanzar, e que son reiteradas as situacións de discriminación das persoas LGTBI, como indica o último informe realizado pola Axencia de Dereitos Fundamentais da
Unión Europea: en España o 48% das persoas LGTBI evitan coller da man á súa parella do mesmo sexo por medo a sufrir agresións.

Publicidad

O transporte e os espazos públicos é onde máis se evita mostrar a orientación sexual ou a identidade sexual para non sufrir ameazas, insultos, etc. O informe sinala unha porcentaxe moi
elevada, ata do 90% das persoas enquisadas, que din sufrir ou presenciar comentarios ou comportamentos homófobos.

Este informe insta á Unión Europea e aos seus estados membros a que adopten “medidas concretas lexislativas e non lexislativas” para combater o “acoso e o medo que sofre o colectivo”.

Este 2021 tamén é necesario ampliar o foco e sinalar a situación que sofren as persoas LGTBI en países membros da Unión Europea, e reclamar unha postura máis decisiva no avance dos seus dereitos e da igualdade real.

Publicidad

Consecuentemente coa Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, o Convenio Europeo de Dereitos Humanos, a reiterada Xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ou a
resolución do Parlamento Europeo sobre a declaración da UE como unha zona de liberdade para as persoas LGTBi, establecer nitidamente que os dereitos das persoas LGTBI son dereitos humanos e que o dereito á igualdade de trato e á non discriminación é un dereito fundamental consagrado nos Tratados da UE e debe gozar de pleno respecto.

Nós consideramos que neste Orgullo 2021 é importante reimpulsar o esforzo da loita contra a desigualdade na UE, reivindicando a responsabilidade compartida e esixindo a postura activa dos seus estados membros, así como nas institucións europeas.

É, por tanto, unha necesidade urxente avanzar no proceso da aprobación da Lei Integral de Igualdade de Trato e a non Discriminación, actualmente en tramitación parlamentaria, así como o impulso mediante o acordo dunha Lei LGTBI e Trans.

Dende o Concello do Barco emitimos este manifesto en común acordo con todos os grupos políticos nel representados e teremos nos balcóns do concello a bandeira do arco da vella que representa ao movemento LGTBI e Trans.

Neste 2021 renovamos o noso compromiso de apoio ao movemento LGTBI, mantendo o impulso reivindicativo e a visibilidade no acompañamento coas súas reivindicacións.