Os pacientes recibiron unha tarxeta cun poema de Florencio Delgado Gurriarán
Os pacientes ingresados nos tres hospitais públicos da provincia de Ourense, —Valdeorras, Ourense e Verín— recibiron nesta xornada festiva do Día das Letras Galegas un agasallo moi especial para enxalzar a figura de Florencio Delgado Gurriarán.
Coa bandexa do almorzo foi incluida unha tarxeta con un poema de Florencio Delgado Gurriarán e unha reseña biográfica ilustrada por unha alumna da Escuela de Pediatría do Hospital universitario de Ourense durante o seu ingreso.
As Letras Galegas estiveron moi presentes nos centros hospitalarios.