Letras Galegas no Barco, unha gran festa cultural

Publicidad

Música, coloquios, libros e cine son algunhas das actividades previstas durante unha semana para ensalzar a figura de Francisco Fernández del Riego

O Barco de Valdeorras festexará as Letras Galegas cunha semana de actividades culturais que foi presentada pola concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, quen lembrou o ano de Florencio Delgado Gurriarán e o vencello co actual homenaxeado, Francisco Fernández del Riego. “Levaron a cabo un traballo conxunto e unha cooperación moi especial que está detrás do éxito das empresas culturais realizadas no exilio mexicano na posguerra”, explicou.

Dito feito inspirou o deseño das actividades conmemorativas no Barco, que exaltarán a figura de Francisco Fernández del Riego, a lingua e literatura galega con música, libros, cine, concursos e coloquios.

Publicidad

Haberá un Concurso de Podcast, Don Paco en Liña, un espazo para que os escolares se acheguen ao estudo deste persoeiro a través dun código actual como son é o podcats. Estes traballos serán divulgados despois nas redes do concello e sabemos que serán unha fonte de coñecemento para toda a comunidade educativa.

Publicidad

Entre os días 16 e 17 de maio realizarase a liberación de 400 libros, divulgativos sobre os dous autores das letras e como non, libros escritos por autores da comarca ou sobre a comarca. Esta liberación farase en cooperación coa Centro Comercial Aberto e coa Concellería de Turismo e Comercio. A liberación realizarase entre os clientes dos establecementos, que se inscriban na proposta, e na praza do mercado do concello.

O luns 15 de maio, ás 20,00 horas, no Salón Multiúsos do Concello haberá un coloquio baixo o título Os homes das letras, Francisco Fernández del Riego e Florencio Delgado Gurriarán.

Participarán Ramón Nicolás, catedrático en Lingua e literatura galega e profesor de secundaria. Alén do labor docente, desenvolve un papel moi importante como crítico literario, investigador e escritor; e Ricardo Gurriarán, catedrático pola Universidade de Santiago de Compostela e historiador, coñecido polo traballo biográfico sobre o poeta Florencio Delgado Gurriarán.

Abrirá o coloquio coa palestra: “Del Riego, un exemplo de entrega ao seu país” e seguirá con “Florencio, don Paco e Galaxia: A distancia non foi esquecemento”.

O martes 16 de maio, ás 20,00 horas, no Teatro Lauro Olmo haberá un Concerto das Letras a cargo do Conservatorio e da Escola Municipal de Música. Será de balde ata complementar aforo.

O mércores 17 de maio, as 11,30 horas, será o tradicional Maratón de lectura organizado pola asociación Vagalume no que
os escolares serán os protagonistas.

Na mesma xornada, as 18,00 horas, no Teatro Lauro Olmo, será o turno do contacontos O loitador da Galaxia, basado na vida e obra de Francisco Fernández del Riego da man de Raquel Queizás.

Ás 20,30 horas proxectarase a película Matria.
O xoves, as 10,30 horas, será a gala do Concurso de Podcast Don Paco en Liña. As 20,30 será a estrea do filme Florencio na Terra. O director petinés Domingo Díaz Docampo estreará a versión definitiva da película baseada na vida do poeta valdeorrés. Cunha mestura de códigos visuais, afonda na personalidade de Florencio.

O venres 19 de maio, no Teatro Lauro Olmo, terá lugar un espectáculo musical infantil “Consertasso na horta” da man do artista Brais das Hortas.

Finalmente, o sábado 20, ás 11,00 horas, está previsto un Obradoiro de xogos e xoguetes populares, na Ludoteca.