Letras Galegas ca campaña «Luisa Villalta» dos centros educativos do Barco e Rubiá e o Centro Comercial Aberto

Publicidad

Os cativos poderán participar unha xincana buscando estrofas de Luisa Villata en 40 establecimientos comerciais e haberá sorteos

A asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco colabora cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de O Barco CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Julio Gurriarán, CEIP Otero Pedrayo, Colexio Plurillingüe Divina Pastora, IES Lauro Olmo, IES Martaguisela e o CEIP Virxe do Camiño de Rubiá na organización da campaña «Luisa Villalta» para festexar as Letras Galegas 2024.

Os establecementos asociados ao CCA O Barco e participantes na campaña, un total de 40, amosarán nos seus escaparates estrofas de Luisa Villalta decoradas e con selos coa imaxe da autora elaborados polo alumnado dos centros educativos.

Ademais, os cativos da comarca poderán participar nunha xincana buscando as estrofas nos establecementos e vinculando as mesmas cos encabezamentos indicados nun folleto de participación que deberán selar en cada establecemento.

Publicidad
Publicidad

Unha vez completada a xincana, e cuberto o folleto cos datos persoais, deberán depositalo nunha furna instalada nas oficinas do Centro Comercial Aberto O Barco (Avda. de Galicia, 32 – local 1) ou deixalo nunha tenda colaboradora.

A campaña desenvolverase dende este martes 14 de maio ata o venres 31 de maio.

Entre todos os participantes sortearase un vale de compra de 50€ para investir nas librarías asociadas ao CCA O Barco: Caprichos, Libraría Murciego, Praxis, Libraría Yoli e Nós.

Tamén premiarase a mellor carta decorada de cada centro educativo cun vale de 25€ para material escolar.