Lalo Santos: «Imos avanzando en facer noso o Camiño»

Publicidad

O Concelleiro de Turismo repartiu flores e plantas que adornarán balcóns das fachadas do Camiño de Inverno

O concelleiro de Turismo do Barco de Valdeorras, Lalo Santos, encargouse persoalmente da entrega das plantas ornamentais con motivo do programa «Flores no Camiño», unha iniciativa que este ano chegou a súa segunda edición e que busca implicar a poboación na importancia de manter coidado e lucido o entorno do Camiño de Inverno.

En total, o Concello do Barco regalou 360 plantas a 60 solicitantes, a maoiría deles de Éntoma, Tremiñá e A Proba.

Lalo Santos valorou moi positivamente a evolución que rexistra o feito de interiorizar o Camiño, querelo e contribuir o seu embelecemento. «Imos avanzando en facer noso o Camiño», indicou.

Publicidad

O concelleiro de Turismo dixo que o reparto das plantas ten como obxectivo dar a coñecer o Camiño de Inverno, «integrar o Camiño na nosa vida cotiá e para que esté mais bonita a vila e os pobos para os peregrinos pero tamén para nos».

Lalo Santos relatou que os peregrinos contan que «cando pasan pola Rúa Real, Éntoma, Tremiñá e outros espazos vencellados ao Camiño o atopan moi ben coidado e iso lles gusta».

Afirma que a xente está sensibilizada con ter as súas casas e o entorno lucido. Puxo como exemplo que «precisamente, hoxe falando con veciños de A Proba comentáronme que lles gusta ter o entorno da igrexa o mais bonito posible porque os peregrinos paran a mirala. Eles ocúpanse incluso da limpeza da zona».

O concelleiro detallou que «estase notando unha afluencia de peregrinos moito maior que antes, agora que afloxou a pandemia. Pasa moitísima xente a pe, a cabalo, en bicicleta dende primeira hora da mañá. O fluxo de peregrinos é constante, non é algo esporádico».

Por iso, «a todos os veciños lles gusta que O Barco esté bonito para que os peregrinos se leven un bo recordo. Imos avanzando en facer noso o Camiño».