21.9 C
O Barco de Valdeorras
viernes, junio 5, 2026

Ignacio Vilar cede máis de mil libros e películas ao IEV: «A idea é promover unha escola de cinema en Valdeorras»

Publicidad

O 26 de xullo o coñecido director de cine recibirá unha homenaxe organizado polo Instituto de Estudios Valdeorreses

O cineasta galego Ignacio Vilar, natural de Petín (Castrofolla), acaba de realizar unha doazón de máis de mil libros e tamén películas da súa colección ao Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV).

Ignacio Vilar sinalou que grazas aos veciños da súa aldea natal fixo sete longametraxes e varias series porque «eles me ensinaron a contar historias nosas e no noso idioma. Fago cinema galego».

Grazas a todo o que viviu saíron todas as series e películas (Pradolongo, A Esmorga etc.) que leva feito na su carreira cinematográfica, dixo. «Para min era fundamental que eses libros e películas quedasen en Valdeorras, que é o lugar onde aprendín tanto. Despois tiven que marchar fora, para estudar a técnica cinematográfica, pero o fundamento saíu da miña terra».

Publicidad

Sinala que a cesión se realiza ao Instituto de Estudos Valdeorres porque recolle o espírito e o labor para axudar a aquela xente que queira aprender, estudar.

«Con esta doazón, a idea e que esto poida ser unha maneira de crear unha escola de cinema e fotografía pois ambas as disciplinas van unidas», subliñou.

Ignacio Vilar contou que imparte cursos de cinema e formación de actores e actrices. Pensa que o IEV pode ser o motor para que toda a xente de Valdeorras, desde adolescentes, escolares e ata xente xubilada, que queira meterse «neste mundo maravilloso que pode ser o cinema e a fotografía», organizando cursos que den vida á citada escola de cinema.

O director de cine dixo que xa está desenvolvemento dita formación en outros puntos de Galicia como Mondariz sendo unha experiencia extraordinaria para as personas participantes. «Hai xente xubilada que, de pronto, descubre un mundo máxico, empezan a contar as súas historias. Desde un móvil ensinamos a contar historias e a montalas. Moitas delas gañan premios internacionais. O interesante é que son historia do lugar onde se fan os cursos, neste caso sería en Valdeorras»

No ámbito da fotografía se darían a coñecer técnicas, entre elas a «Colodión húmedo», que é moi antiga, para fotos en cristal.

Pola súa banda, o director do IEV, Aurelio Blanco Trincado, dixo que ao principio cría que a cesión era unha broma. Non podiamos crer que unha biblioteca e videoteca de tanta relevancia podiámola recibir. Hoxe materialízase e estamos orgullosísimos de que Ignacio Vilar pensase no Instituto. Cúmprese un soño». E lembrou que a biblioteca do Instituto conta con máis de 7.000 volumes e axudou a moitos estudantes, incorporando agora esta nova colección de Vilar.

Julio Pérez Veiga, bibliotecario do IEV, indicou que «para nos é un orgullo grande esta donación. Ten moito mérito que elixira este Instituto para que sexa depositario deste material para que esté a disposición de toda a comunidade local e de afora». Explicou que completará as seccións que hai na bilioteca do Instituto.

O 26 de xullo, ás 12,30 da mediodía, Ignacio Vilar recibirá unha homenaxe do Instituto de Estudos Valdeorreses no salón de actos da Casa Grande de Viloira.