Foi organizado polo Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV)
Ignacio Vilar, o coñecido cineasta de Castrofolla (Petín), recibiu unha homenaxe, organizada polo Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), na que se recoñeceu a súa traxectoria como director de cinema e o seu labor na posta en valor da cultura e a lingua galega.
O merecido recoñecemento, desenvolvido na Casa Grande de Viloira (O Barco), contou coa asistencia do o delegado da Xunta, Manuel Pardo; o director da UNED, Jesús Manuel García e actrices e actores de «Pradolongo», entre eles Rubén Riós e o valdeorrés Roberto Porto.
O presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado, agradeceu a doazón de libros, películas e material que fixo Ignacio Vilar ao Instituto, ademais da relevancia do homenaxeado. En agradecemento, e para lembrar a importante donación, vai ser colocada unha placa feita en madera de carballo que ocupará a biblioteca do Instituto.
O xornalista e director da UNED en Ourense, Jesús Manuel García, fixo un percorrido pola biografía de Ignacio Vilar. Dixo que a vida na aldea, a relación coa natureza e as historias contadas arredor da lareira despertaron a su paixón polo cine dende a infancia, chegando a crear a súa propia produtora, Vía Láctea Films.
Salientou a súa película A Esmorga, baseada na obra de Eduardo Blanco Amor, todo un fito «que supuxo quince semanas en cartelera, cunha gran acollida pola crítica. Foi a primeira longametraxe nominada a un Premio Goya e a mais premiada no XX Festival de Cinema de Toulouse (Francia)».
Tamén subliñou que Ignacio Vilar recibiu o Premio da Cultura Galega no ano 2015 polo seu compromiso coa promoción da lingua galega. E falou doutras películas de Ignacio Vilar, como María Solinha, que suman 30 anos creando cinema galego.
Pola súa banda, o delegado da Xunta, Manuel Pardo, relatou anécdotas personales para loubar a arte de Ignacio Vilar, que puxo en valor a cultura e lingua galega a través do cinema.
O actor Rubén Riós tamén tivo palabras fermosas para Ignacio Vilar, sinalando a importancia de facer homenaxes en vida. «Ten moito aínda que dar», indicou e sinalou que as súas películas levan a gastronomía, a terra e conducen a un mundo onde a xente abrazábase máis. Ignació Vilar, é amor por Galicia.
Actrices e Actores de «Pradolongo» tamén fixeron a súa homenaxe ao cineasta, ao que calificaron de gran mestre.

Ignacio Vilar falou do gran momento que vive o cinema galego, lembrou as súas raíces en Castrofolla e fixo extensivo a homenaxe a súa parella, Marina.
Manuel Porto Oliveira, sobriño do poeta e pintor Yosso puxo a música a esta homenaxe tan especial.
Ignacio Vilar é sinónimo de amor pola terra, Galicia.










































