Hip hop femenino no Barco con dúas rapeiras de El Salvador

Publicidad

Manterán un encontro co alumnado do IES Lauro Olmo o vindeiro luns na Sala multiusos do Concello

As mozos e mozos do IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras recibirán este luns día 4 de abril a visita de dúas activistas salvadoreñas que loitan día a día contra a desigualdade de xénero a través da música hip hop. Son integrantes do colectivo Hip Hop Femenino El Salvador a primeira organización de mulleres rapeiras no país e chegan a Galicia grazas ao proxecto de educación para o cambio social Activistas polo O Mundo Que Queremos 

O obxectivo deste encontro, que terá lugar no Concello de O Barco (Sala multiusos) de 15,30 a 17,20h, é que os mozos e mozas coñezan a loita destas mulleres que pertencen a un colectivo co que traballa  a cooperación internacional galega,  e que reflexionen sobre a realidade dos países empobrecidos a través da voz das súas protagonistas.

Chegan a Galicia nun momento de grande inestabilidade política no seu país tras ser anunciado fai apenas dous días o estado de excepción debido a escalada de violencia que se está a producir.

Publicidad

«Hip hop femenino El Salvador» fundouse no 2015 e ao longo destes anos foi forxando fortes lazos co movemento feminista, traballando con diferentes organizacións en actividades dedicadas á muller e á defensa dos dereitos humanos, especialmente Dereitos Sexuais e Reprodutivos. As mozas rapeiras integrantes deste colectivo que visitarán a nos aterra son Yezli Mic e Queen Mc.

Yezli Mic (@yezli_mic) é cantante, compositora, activista e feminista. Leva 8 anos pertencendo á Cultura HIP- HOP como MC ( Rapeira).

QueenMc (@queen_rap_) é compositora, cantante e activista. As súas letras baséanse nas realidades sociais que enfrontan as mozas do seu país, a visibilizacion dos dereitos humanos e o empoderamento da muller.

Como integrantes de «Hip hop femenino O Salvador» adícanse a dar charlas, obradoiros e concertos para visibilizar os Dereitos Humanos, as loitas sociais, e os diferentes tipos de violencia cara á muller, mostrando o HIP HOP como unha ferramenta para o activismo e a promoción da cultura de paz.

Publicidad

As ONGD galegas traballan man a man con organizacións salvadoreñas para poder contribuír a xerar as condicións necesarias para que a cidadanía se empodere e se organice na procura do seu propio desenvolvemento para equilíbrar os niveis de desigualdade estrutural que se dan neste momento.

En obradoiros anteriores o alumnado aprendeu o que significa ser unha persoa activista tanto na Galiza coma noutras partes do mundo. Tamén reflexionou sobre como as ferramentas comunicativas como a radio, pódenlles axudar no seu activismo realizando os seus propios programas de radio de denuncia. Agora coñecerán a dúas activistas que dende a música intentan cambiar a súa realidade. 

Esta é a novena edición dun proxecto que en anos anteriores xa chegou a máis de 3.500 mozos e mozas de toda Galicia e que é posible grazas a unión de tres ONGDs, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e ao  financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Forma parte da plataforma de innovación educativa «Plan Proxecta», impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.