O Concello presentou o programa que conta con novidades como a presenza de figuras do Entroido (o Touro e Xigante de Celavente e a Mázcara de Buxán) e dous homenaxes
O Bolo seguirá recuperando tradicións e elementos tradicionais da súa rica cultura etnográfica dentro da programación de Semana Santa. Neste concello de montaña xa é tradición rematar a semana de Pasión coa tradicional festa e feira da Vitela que será este ano o sábado, 4 de abril. É unhas actividades basadas na exaltación dos produtos tradicionais deste concello. Ademais, o domingo, día 5 de abril, se fará a III Estoupa do Xudas.
As entradas, a un precio de 20 euros, saen á venta nos puntos de venda habituais no Bolo (restaurante Volobriga), A Rúa (Bar Cuatro), O Barco (Bar Makoki), Viana do Bolo (Bar Emigrante) e A Veiga (Bar Laila).
Estas dúas celebracións únense ás visitas guiadas ao Santuario das Ermidas, ao único castelo medieval musealizado da comarca de Valdeorras e ao museo de pintura Yosso, que están abertos todo o ano de venres a domingo.
Aínda que o entroido xa foi en febreiro, as figuras tradicionais das parroquias deste concello van seguir dándose a coñecer durante a celebración da XVI Festa da Vitela no pavillón polideportivo do Bolo. A figuras do Touro e o Xigante de Celavente e a Mázcara de Buxán estarán no recinto da feira para que todos os visitantes poidan velas e coñecer a súa historia.
As citadas personaxes do Entroido están sendo recuperadas polos veciños destas parroquias e o Concello quere impulsar o seu coñecemento
con esta iniciativa.
Homenaxes
Ademais dentro dos actos que está preparando o Concello para a Semana Santa, tamén se está ultimando unha homenaxe aos voluntarios na extinción dos incendios de agosto e setembro. E tamén haberá unha nova lembranza a unha persoa senlleira do concello, neste caso á cantareira de Lentellais: Jacinta Fernández. O ano pasado foi ao médico das Ermidas, Sebastián Ricoy.
Feria de Produtos Tradicionais
Nesta nova edición da Festa da Vitela, haberá tamén feira de produtos tradicionais. Serán máis de 15 postos instalados nunha carpa diante do pavillón con obxectos de artesanía, doces, viño, aceite e mel. Estarán abertos desde as 11,00 da mañá ata ás 20,00 horas.
A comida da Festa da Vitela empezará ás 14,00 horas e nela degustarase a tradicional vitela (carne de tenreira) con patacas e chourizo e acompañada de sopa e sobremesa. A continuación haberá música na carpa da feira.
No día da Festa da vitela tamén se abrirá ao público o Museo Yosso de 12 a 14 horas cun prezo especial de 1 euro/persoa.
III Estoupa do Xudas nas Ermidas
A actividade festiva continuará o domingo, día 5, na área recreativa do Bibei nas Ermidas coa III Estoupa do Xudas. Este ano adiantase ás 12 horas, para facilitar que o público poida asistir tamén á procesión é misa no Santuario. A recuperación desta tradición levará un ano máis á queima do boneco do Xudas nun acto que se fará antes da misa na beira do río Bibei.
Programa da Semana Santa no Bolo
4 abril 2025: XVI Festa da Vitela
- 11 horas: Apertura Feira de produtos tradicionais con 20 postos: mel, queixos, artesanía variada, panadería, embutidos. Presentación e promoción especial Entrudio do Bolo: Mázcara de Buxán e O touro e xigante de Celavente
- 12,00 a 14,00 horas: Apertura especial Museo Yosso. Prezo especial: 1€
- 12,00 horas: Homenaxe en Lentellais á cantareira Jacinta Fernández (colocación de placa de lembranza)
- 14,00 horas: Comida XVI Festa da Vitela no pavillón.
- Homenaxe aos voluntarios que colaboraron na extinción dos incendios 2025
- Menú: Sopa, carne de tenreira, garavanzos, codillo, patacas e chourizos e de sobremesa, bica e café.
- 17,00 horas: Música na carpa co DJ Chack Crespo
III ESTOUPA DO XUDAS: 5 abril
- Lugar: Área recreativa do Bibei nas Ermidas
- 12:00 horas: Estoupa do Xudas
HORARIO VISITAS TURÍSTICAS NO CONCELLO
Visitas guiadas días: 2,3,4 e 5 abril
Horarios e lugares visitables:
- Santuario As Ermidas: 10 a 12 horas, excepto día 4
- Museo Yosso: día 4, 12 a 14 horas
- Castelo: 12:30 a 15 horas, excepto día 4
- Grupos de máis de 10 persoas deben consultar outros posibles horarios












