Florencio Delgado Gurriarán achegarase aos escolares cunha guía didáctica e unha biografía

Publicidad

Serán presentadas na Biblioteca do Barco o xoves 31 de decembro as 20,00 horas

Unha guía didáctica e unha nova biografía sobre Florencio Delgado Gurriarán para traballar a súa obra con escolares serán presentadas esta semana en Valdeorras, desta vez da man de Edicións Ir Indo. Os autores son Tania Pérez Pérez e Xosé Ramón Campos e nela analizan a figura de Florencio abordando o seu legado cultural, político e literario

Débora Álvarez Moldes, directora do proxecto As letras de Florencio, é a autora da proposta didáctica que será unha ferramenta clave para o traballo nos centros educativos no ano das Letras de Florencio.

Publicidad

A presentación é o xoves 31 de marzo ás 20,00 horas na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco e contará coa presencia, ademais dos autores e autoras dos libros, de Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco e mais de Xelasio Suárez, xerente de Edicións Ir Indo.

Publicidad

Trala presentación servirase un refrixerio entre os asistentes procurando xerar unha conversa
sobre a potencialidade da obra de Florencio no eido educativo