«Fiando a Memoria» volve: Aberta a inscrición

Publicidad

O Barco reanuda os obradoiros para personas que queiran manterse activas e exercitar as súas funcións cognitivas

Desde hoxe está aberto o prazo para a inscrición nunha nova edición dos Obradoiros de Estimulación Cognitiva “Fiando a Memoria”, unha iniciativa da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello do Barco, dirixida a persoas adultas que queiran manterse activas e exercitar as súas funcións congnitivas.

A inscrición é totalmente gratuíta, xa que se trata dun proxecto financiado polo Concello do Barco, e pode realizarse a través do número de teléfono 988 68 48 85 ou de maneira presencial no Departamento de Servizos Sociais, situado na Casa Consistorial (Concello Vello).

Algunhas das actividades que se levan a cabo son exercicios de memoria para mellorar a codificación, almacenaxe e recuperación da información. Tamén se desenvolven técnicas de expresión artística, exercicios de diferente tipo, e técnicas participativas para recuperar a memoria individual e colectiva, así como exercizos de expresión oral e escrita, e dinámicas corporais e de xogo.

Publicidad
Publicidad

Estes obradoiros son tamén un espazo de encontro e desfrute onde se recuperan saberes comunitarios e patrimoniais da contorna. Na derradeira edición deste obradoiro, o curso pasado, participaron 49 persoas, a maioría delas mulleres.

Estes obradoiros comezan o luns 14 de outubro en Veigamuíños e Éntoma, e o mércores 16 de outubro no Barco e en Viloira. O curso rematará a finais de xuño de 2025.

Os obradoiros realizaranse unha vez á semana, nos seguintes lugares e horarios:

  • Veigamuíños: luns de 16:00 a 17:30 – Local Municipal da Asociación de Veciños.
  • Éntoma: luns de 18:00 a 19:30 – Antiga escola Municipal
  • O Barco: mércores de 11:00 a 12:30 – Biblioteca 4ª planta.
  • Viloira: mércores de 15:30 a 17:00 – Local Municipal da Asociación de Veciños.