Festival Art-Part na Veiga en outubro

Publicidad

E unha mostra de cultura dentro do proxecto «Tocar ao Concello» con obradoiros, concertos e contacontos e será o 28, 29 e 30 de outubro

O pasado mes de febreiro botaba a andar “Tocar ao Concello: un proceso de imaxinación comunitaria na Veiga, un proxecto pioneiro en participación comunitaria, cunha perspectiva rural e cun grupo de veciños e veciñas implicadas en recuperar os saberes e o patrimonio inmaterial do seu concello. Agora, nace o Festival Art-Part.

Publicidad

O próximo 28, 29 e 30 de outubro as rúas e os pobos da Veiga encheránse de actividades que amosarán a cultura comunitaria do territorio. Haberá dende concertos a obradoiros, mostras, contacontos, etc.

Trátase de actividades para todos os públicos que farán desta fin de semana unha oportunidade perfecta para atoparse e celebrar que «as campás volven convocar ao concello», di a organización.

Publicidad