Dous ensaios sobre Florencio Delgado Gurriarán serán presentados no Barco o 8 de marzo

Publicidad

Trátase da reedición da biografía de Ricardo Gurriarán e máis unha antoloxía poética de Xesús Alonso Montero

O Edificio Multiusos do Barco acolle o 8 de marzo, ás 19,30 horas, a presentación da reedición de dous ensaios sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, poeta ao que se lle adican as Letras Galegas.

Trátase da Trátase da reedición da biografía a cargo de Ricardo Gurriarán e máis unha antoloxía poética dirixida por Xesús Alonso Montero, ambos da Editorial Galaxia.

Alonso Montero foi unha das figuras que reivindicou o valor da poesía de Florencio e Ricardo Gurriarán, o investigador que realizou a primeira gran investigación sobre a súa vida. Por iso a cita do próximo martes 8 de marzo é sen dúbida un fito neste arranque do ano das Letras de Florencio.

Publicidad

Ambos autores estarán no Barco de Valdeorras da man de Editorial Galaxia para presentar as súas máis recentes publicacións. No caso de Gurriarán, a reedición de Florencio Delgado Gurriarán, vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista, libro que foi publicado por vez primeira en 1999.

Alonso Montero, pola súa banda, presenta unha análise da súa poesía que leva por título Florencio Delgado Gurriarán, poeta na terra, na guerra e no exilio. Antoloxía poética.

Na presentación estarán introducidos por Alfredo García, alcalde do Barco, Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín, Margarita Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco, e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.