Córgomo: Pola vida e palabra de Florencio Delgado Gurriarán

Publicidad

Un roteiro cultural afondou na figura do poeta valdeorrés na súa localidad natal

Córgomo, pobo de Vilamartín natal de Florencio Delgado Gurriarán (poeta ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas en Galicia), convidou este domingo a afondar na vida e palabra do poeta valdeorrés.

Un roteiro cultural pola localidade, nomeado «Ruada con Florencio polas Candeas”, concentrou a un nutrido grupo de persoas en «viaxar» pola figura do escritor.

Fotografías repartidas en distintos espazos de Córgomo e o relato de Fernando Santalla, un veciño e familiar de Florencio, serviron para mirar a través dos ollos do Florencio
máis mozo,
 descubrindo pasaxes da súa historia e do pobo que o viu nacer.

Publicidad

A palabra de Florencio estivo moi presente durante todo o roteiro.

Un grupo de descendentes de Florencio deu lectura a unha poesía fragmentada nun conxunto de voces.

O evento cultural tamén axudou a remover a memoria das persoas maiores nativas de Córgomo, que recordaron tempos, espazos do pobo, casas e veciños cas fotografías expostas na localidade intercambiando apreciacións sobre as mesmas.

Foi unha cita con Florencio moi especial, que contou ca presencia de xente de toda a comarca de Valdeorras.

O acto fíxose coincidir coa celebración esta semana das «Candeas», unha festividade que ten lugar en inverno en Córgomo.

Boa tarde de domingo para lembrar ao escritor valdeorrés.

Florencio está vivo, mais vivo que nunca.

Algunhas imaxes: