Comenzou a vacinación de covid e gripe

Publicidad

A campaña rematará o 31 de decembro

Unha vez rematada a vacinación nas 157 Residencias Sociosanitarias da provincia, os equipos especiais de vacinación da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, retomaron a vacinación fronte á covid e da gripe nos nos tres hospitais da provincia, comezando polos maiores de 85 anos, colectivo que en Ourense ascende a 16.989 persoas, para escalonadamente protexer aos máis de 120.000 ourensáns con máis de 60 anos.

Como en etapas anteriores, os centros de vacinación son os hospitais públicos de Valdeorras e Verín, para os seus respectivos distritos, e en Ourense alternativamente Expourense e o Hospital Universitario. Onde se manterá ata o domingo, para trasladarse o de luns a xoves a Expourense ata o día 28 de outubro, fin de semana no que a vacinación se manterá no pazo de exposicións. Todos os días en horario de 9 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 h.

Os equipos de enfermería contarán co apoio e reforzo de persoal administrativo, de informática, loxística, celadores e de seguridade, ao que se sumará o de Protección Civil, Policia Local e Cruz Vermella para coordinar os accesos, orientar no estacionamento, limitar as esperas facilitar o movemento das persoas que o precisen.

Publicidad

O desenvolvemento da campaña nos grandes recintos permitirá vacinar a un gran volume de persoas, acurtando os tempos, agora que existe dispoñibilidade de vacinas, polo que está previsto rematar esta a fase o 15 de novembro, protexendo así a poboación máis vulnerable, de 60 ou máis anos, antes da chegada da epidemia da gripe ou dun reponte de contaxios de Covid.

Cita por SMS no móbil e vacinación do persoal sanitario e socio-sanitario

Nesta primeira fase, convocarase ás persoas maiores de 85 anos, como en etapas anteriores vía unha mensaxe SMS no móbil, coa cita en formato QR. 1.457 no distrito de Valdeorras, 1.571 no de Verín e 13.961 no de Ourense. A todas elas se lles ofrecerá tamén a vacina da gripe, campaña que arrancará o próximo luns día 10 nos Centros de Saúde, comezando tamén polos maiores de 85 anos e a domicilio para os pacientes inmobilizados.

Segundo avance esta poboación diana, tamén se iniciará, ofertando a doble vacinación de Covid e gripe, a dos persoal dos centros sanitarios e sociosanitarios, que prevista nos hospitais de Verín, Valdeorras e Expourense, os días 28, 29 e 30 de outubro.

A campaña de Vacinación Antigripal 2022, rematará o 31 de decembro, marcándose como poboación diana ás persoas de 60 ou máis anos, especialmente os de 65 ou máis anos, ou as persoas que convivan en institucións pechadas, como é o caso das residencias de persoas maiores e outros centros de atención á discapacidade.

Son tamén poboación diana, as nenas e nenos de 6 a 59 meses, feito este que se produce por primeira vez en España; así como as persoas de menos de 60 anos que teñen un maior risco de complicacións derivadas da gripe; aqueles que lles poden transmitir a gripe a outros con alto risco de complicacións, como é o caso de persoal de centros sanitarios de primaria e hospitalaria, de oficinas de farmacia, de institucións xeriátricas e de atención a enfermos discapacitados, etc.

Son, así mesmo, poboación diana, as persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade e os traballadores expostos directamente a aves ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas e, tamén, ás aves silvestres. As vacinas dispoñibles para esta campaña son, unha con alta carga tetravalente, que é a que se porá ás persoas de 85 ou máis anos na poboación xeral e aos de 60 ou máis anos de residencias; e outra vacina tetravalente para as persoas de 6 meses a 84 anos