Relato de Piquico: “A comedia da vida e do arte. O Entroido en 80 días e un mundo”
Unha tarde de inverno, Magallanes meditaba, soñaba ou imaxinaba como poder darlle a volta o mundo.
O youtuber “Joniator”, entre Polifemo e Argos Panoptes, ollo avizor, preguntábase tamén se esa ruta imaxinada de Magallanes sería posible.
Antes de sair da viaxe, Magallanes discutiu fortemente con Ptolomeo sobre a imposibilidade de facer esta viaxe.
(Nesta foto xa se intúe este desacordo, onde aparece Magallenas “como cambiandolle a traxectoria a un dos planetas de Ptolomeo” e así empezou a discordia entre os dous que sigo describindo).
Nun segundo lugar, e sobre un bombo, mostrouse posteriormente ao público unha segunda foto na que aparecía una sospeitosa sombra, e alguén argumentou que era unha posible proba do delito anteriormente acaecido, o pau co que lle pegou P-tolo-meu a Magallanos no contubernio anterior.
Houbo quen lle vía moita gracia… e non cría que fora posible que acontecera realmente este suceso tan serio e delicado…
O espíritu do fulión, que reptaba polo chan enfariñado tamén presenciou os feitos, entre pasivo e meditabundo, e non se pronunciaba inda ante esta sorpresa tan inesperada.
Mais tarde foise aclarando moito a cousa, despois da aparición dunha Instantanea de última hora, e así comenzaría o verdadeiro contubernio legal, tras estas probas tan incriminantes.
A coñecida Edna, moi citada no contorno polos seus traballos con montaxes de fotografías sobre o Entroido, tamén asombrada ante o que pasaba, púxose en “posición de espera” ou de “maja empanada” como precaución …e non se pronunciaba inda sobre a amenaza do posible contubernio futuro.
O Piquico, medio escondido, tamén fixouse nun debuxo da exposición de David no bar Caracas, no cal un boteiro fuxía de medo ante este panorama.
A todo esto, Magallanes regresa a Viana “dos tercios de Flandes”.
Xan, o estanqueiro, cargado cas probas do delito pertrechado en Viana do Bolo camiña pra pasarllas o padrinillo.
Enterado de todo, Pichi “o Padrinillo”, anuncia que haberá xusticia e empeza a perjeñar a “solución final” ou axuste de contas para solucionar a polémica.
Ante tal declaración, Ptolomeu escondese cabizbaixo baixo a gorra co medo.
Hai quen dí que nesta foto (media enmascarada) aparece o recoñecido sicario “Pabliño“, primeiro de abordo do padrinillo, e que insinúa na foto unha proba contundente do que supostamente e ademáis cotilléase que pasou ao final do caso o Ptolomeo.
Incluso Don José, o alcalde de Ghotam, tan neutral nestos temas, ten na cabeza a controversia esta e celebra a victoria final, claro…o padrinillo…
Hai quen celebra con bicos esta victoria.
Todo o mundo vive a victoria.
Declaración oficial de Magallanes: Sempre confiei no resultado, afirma, e mostranos unha foto anterior os feitos relatados.
Magallanes, a posteriori, reflexiona (parece un pouco contento), “e sí, sí posible darlle a volta o mundo, homeeeee!”
(Artigo escrito por Piquico, con fotografías feitas na noite do sábado de Entroido en Viana. Piquico da as grazas pola axuda inestimable de Marta Riveiro Hojas co texto e ca xente que aparece nas fotos, incluso a Ptolomeo…)