Carmen Rodríguez Dacosta (PSOE): «Pediremos o respaldo dos grupos do Parlamento á cobertura de prazas de pediatría no Barco»

Publicidad

A parlamentaria sinala que «non se trata de sacar ningún rédito político e tampouco importa quen a presente senón de lograr un consenco na defensa dun servizo vital para Valdeorras»

A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta presentará unha proposición non de Lei na Comisión de Sanidade que se celebra mañá martes, a partir das 10,30 horas, coas demandas dos veciños e veciñas do Barco de Valdeorras para que a Xunta resolva a falta de cobertura das prazas de pediatra no Centro de Saúde. Solicitará que o Parlamento de Galicia inste a Xunta de Galicia a que garanta a calidade asistencial no Centro de Saúde do Barco de Valdeorras solucionando a falta de cobertura das prazas de pediatra.

Carmen Rodríguez Dacosta sinala que supón dar traslado da situación do servizo de Pediatría no centro de saúde do Barco, recollendo a reivindicación da plataforma de nais e pais. «Queremos plantexar o caso en positivo, sen confrontación política, para que todos os grupos a respalden. Da igual quen a presente, o que importa é que salga adiante e que haxa unanimidade na resposta que agardan nais e pais».

Insiste que «non se trata de sacar ningún rédito político, senón trasladar esa petición e lograr ese consenso para que os grupos estemos dacordo na defensa do servizo de Pediatría que é vital para a comarca de Valdeorras».

Publicidad

Carmen Rodríguez Dacosta expón que si outro partido leva o asunto ao Parlamento, «tamén o apoiaremos. É unha forma de trasladar a voz das nais e pais de Valdeorras ao Parlamento que so aspira que todos os grupos estemos dacordo na reivindicación. A iniciativa non intenta confrontar senón unir».

A evolución de Pediatría

Ata o mes de xuño de 2022 o C entro de Saúde d o Barco de Valdeorras contaba con dúas consultas de Pediatría, ocupadas por sendos pediatras. Levaba xa anos con esa dotación. Ese mesmo ano unha pediatra xubílase. Desde entón unha médica de familia con formación de puericultora ocupou a praza da pediatra xubilada polo que o servizo e a atención aos usuarios non era óptima, pero tendo en conta que moitas c onsultas son de revisións periódicas de nenos e nenas non enfermas, había unha certa normalidade.

O 11 de maio de 2023 (DOG do 25 de maio) o S ergas , publica a convocatoria dun proceso selectivo polo sistema de concurso, para o acceso á condición de personal estatutario fixo da categoría de pediatría de atención primaria. Ante esta convocatoria, a médica de familia que atendía na consulta de pediatría, a comezos de 2024, abandona a praza e trasládase á localidade veciña de Sobradelo, onde exerce de médica de familia. De s de esas datas, só unha consulta está en funcionamento.

No DOG do 18 de marzo de 2024 publícase a resolución d o 29 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Recursos Humanos polo que se nomea persoal fixo e a adxudicación definitiva dos aspi rantes seleccionados no proceso selectivo da Resolución d o 11 de maio de 2023. Para o Centro de Saúde do Barco adxudícase unha praza de pediatría, pero o pediatra renuncia e non se incorpora, rematado xa o prazo de toma de posesión.

Desde principios de 2024 un único pediatra atende aos máis de 2.000 nenos e nenas. «O esforzo do profesional é enorme pero tamén o seu desgaste e frustración. A atención recibida polos usuarios é moi precaria e absolutamente insuficiente. O pediatra actual, ademais, está próximo á xubilación (outono de 2024)», expón o PSOE.

Ante o deterioro da atención pediátrica —engade— e a posible cronificación e agravamento do problema, pais e nais recolleron sinaturas solicitando a axuda e compromiso das forzas políticas representadas no Concello do Barco, liderando a reivindicación dun servizo de calidade para a comarca.

O Grupo Parlamentario Socialista pide ao Sergas unha solución.