Bieito Lobeira (BNG): «Apostamos polo noso, Galicia, e isto é o que imos defender en Europa»

Publicidad

O número 2 da lista nacionalista nas próximas eleccións europeas percorreu a Feira do Viño de Valdeorras

A XXV Feira do Viño de Valdeorras foi o lugar escollido polo BNG para facer un acto de campaña con motivo das próximas eleccións europeas. O número 2 da lista nacionalista , Bieito Lobeira, estivo neste evento acompañado por Noa Presas, Iago Tabarés e Secundino Fernández, así como concelleiros e membros do BNG da comarca.

Bieito Lobeira suliñou a importancia do viño en Galicia e Valdeorras, que move mais de 2.000 postos de traballo na Comunidade galega, apuntou como dato, sinalando a aposta do BNG polo sector. Ademais, reseñou un dos eixes da campaña as eleccións europeas, a reforma da Política Agraria Común (PAC) para que teña presente a Galicia e as súas singularidades no ámbito da produción e comercialización, dignificación.

«O BNG defende o dereito a poder producir, no caso do sector da viticultura viño de calidade, para que redunde en beneficio do sector e da sociedade. Apostamos polo noso e isto é o que imos defender no Parlamento Europeo”, concluiu.

Publicidad