Anxo Rei: «Reencóntrome co público cantando a Florencio»

Anxo Rei
Publicidad

O cantautor valdeorrés, o primeiro que musicou os poemas de Delgado Gurriarán, dará un concerto hoxe en Viloira (O Barco) con motivo da programación de De Perto, as 20,30 horas

O cantautor valdeorrés Anxo Rei sóbese esta tarde ao escenario do ciclo De Perto —que organiza o Concello do Barco— cantar a Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Córgomo homenaxeado nas Letras Galegas de 2022. Para o artista, este é un momento moi especial, emotivo, porque supón, ademais, reencontrase co seu público despois de moito tempo.

O concerto empeza ás 20,30 horas desta tarde, nos xardíns da Casa Grande de Viloira. Ca súa guitarra e a súa voz interpretará cancións do seu disco Fronteira de Cegoñas, grabado en 2002, no que musicalizou poemas de Florencio. Anxo Rei é o primeiro cantautor que puxo música os poemas de Florencio.

Valdeorras de Cerca: Había moito tempo que non daba un concerto como tal. ¿Qué supón para ti?

Publicidad

Como concerto, si. Hai máis de 20 anos que din o último. Teño tocado cancións de xeito puntual en determinados actos, pero un concerto largo xa hai tempo que non. É especial porque está dedicado a Florencio Delgado Gurriará e, ao mesmo tempo, é un reencontro co público. O repertorio íntegro son poemas del.

Valdeorras de Cerca: Es o primeiro cantautor que musicou poemas de Florencio no 2003

Creo que fun o primeiro que cantei a Florencio. Cando grabei o disco Fronteira de Cegoñas no 2003 non había nada feito sobre Florencio. De feito, hai 20 anos xa se reivindicaba a Florencio, pedíase que se lle adicaran as Letras Galegas. Non se conseguiu daquela pero conseguiuse agora, pero nunca é tarde.

Valdeorras de Cerca: ¿Haberá sorpresas no concerto?

Hai unha sorpresa, si, pero hai que agardar ao concerto.

Valdeorras de Cerca: ¿Que estas a preparar neste momento?

Como me gusta moito o que fago, estou compoñendo continuamente. Teño centos de pezas musicais almacenadas no ordenador. Non sei si volverei a grabar, pero material teño.

Valdeorras de Cerca: ¿Feliz de reencontrate co teu público?

Moi contento.