Anxo Rei cantou a Florencio

Publicidad

Fixo un recital dentro do ciclo cultural De Perto no Barco

Anxo Rei cantou a Florencio nos xardíns da Casa Grande de Viloira, dentro do ciclo cultural De Perto que organizou o Concello do Barco. O seu repertorio, do disco Fronteira de Cegoñas (2003), contou ca ovación do público.

O cantautor adicou o concerto a Celia Teijeiro, viúva de Florencio Delgado finada recentemente.

Gustavo Docampo, técnico de Cultura do Concello, presentou o cantautor. Dixo que Anxo Rei, de Rubiá, «é o noso cantautor».

Publicidad

Suliñou que Florencio Delgado Gurriarán coñeceuno e coñeceu a súa música en 1981 cando veu a recibir as honras como académico e a facer o pregón no Barco. Entablaron unha relación, un afecto común, unha admiración por parte do poeta.

Recordou a traxectoria de Anxo Rei, que comenzou a cantar en 1976 no ámbito de Lugo, onde estudaba e localidade na que agroma a música de cantautores conectada co ámbito tradicional como Fuxan os Ventos e Pablo Quintana, con quen colaborou bastante e Antón Campelo. «Alí estaba o noso cantautor de Rubiá empapándose daquel espíritu e interese pola música, a cultura galega e o idioma galego.

Lembrou que ten cinco discos publicados e un deles dedicado exclusivamente a obra de Florencio Delgado Gurriarán, Fronteira de Cegoñas.

Aclaró que incorporou a Florencio moito antes do disco de 2003 no seus recitais. «E moi importante que non falte Anxo Rei neste ano de Florencio Delgado Gurriarán», valorou.

Ao final do concerto houbo unha sorpresa, emitiuse unha grabación orixinal de Florencio, que as tres fillas de Florencio —que estiveron no Día das Letras Galegas en Valdeorras— remitiron a Anxo Rei dende México ca voz de Florencio Delgado Gurriarán, cantando acompañándose cun mesa como pandeiro.

Anxo Rei volveu a conquistar ao público