Anxo Baranga: «Florencio converteuse nun símbolo de Valdeorras»

Publicidad

«O Día das Letras Galegas para Florencio é un feito que podería ser irrepetible na comarca», di o pintor e director de teatro

Anxo Baranga, de Córgomo (Vilamartín), reside en Barcelona dende 1979, si ben visita con frecuencia a súa terra natal. Pintor, actor e director de teatro galego, a súa traxectoria e coñecida e recoñecida. É unha das personas que mais se implicou na defensa das Letras Galegas para o poeta Florencio Delgado Gurriarán axudando a recuperar a obra do poeta cas Xornadas Teatrais FDG de Córgomo (2001-2009) e mesmo visualizando a figura do escritor con murais nas casas.

Diplomado pola Escola Massana de Barcelona e La Llotja (Escola Oficial d’Arts Aplicades i Oficis Artístics de Barcelona), sempre estivo relacionado coa cultura galega en Barcelona e creou grupos de teatro en galego, formando parte de distintas asociacións de teatro. «En Barcelona descubrín que era galego», dí.

Anxo Baranga ten o seu taller artístico no barrio barcelonés de Raval, aínda que vive no barrio de Gracia. Defínese como «un activista».

Publicidad

Valdeorras de Cerca: Reivindica dende hai moitos anos a figura de Florencio Delgado Gurriarán

Nunha das viaxes a Galicia, a Córgomo, descubrín a Florencio. Era da miña terra e non sabía que existía. A partires de aí metéuseme na cabeza promocionar, buscar elementos, crear teatro en Barcelona e Valdeorras e despois facer unha escultura de Florencio para pasealo e que fora como él, que fixera o que lle gustaba: ir pasear, ás hortas, ver as viñas…

Valdeorras de Cerca: A escultura de Florencio parece de madeira pero non é, ¿como a creou?

Fíxena con cartón reciclado, agua e fariña. É de papel cartón e vai barnizada. Está levando tanta tralla, polas hortas, a eventos e incluso —o ano pasado— de festa a Portela, onde a súa presenza xerou toda unha procesión. Por iso hoxe tiven que facerlle un arreglo nos pes, pero consérvase bastante ben.

Valdeorras de Cerca: As Letras Galegas para Florencio chegan despois de moitos anos de reivindicación

As primeiras xornadas que fixemos en Córgomo foi en 2001. Para mín, sempre mereceu esa distinción. Agora hai que engadir que Florencio converteuse nun símbolo en Valdeorras, mais aló da súa calidade poética, que a ten; converteuse nun referente que, incluso, nos define aos valdeorreses. É un persoeiro que soubo levantarse fronte as dificultades e tirar para adiante. Síntomo orguioso de que el sexa de Córgomo, que eu sexa de Córgomo, de Valdeorras. E penso que a xente valdeorresa tamén síntese así.

Valdeorras de Cerca: As Letras Galegas 2022 proxectan Valdeorras…

O foco en Galicia vai estar en Córgomo en Valdeorras, gracias a Florencio. Non creo que volva a repetirse esta situación, ogallá que se repita e que haxa mais.