«Ambar» estreou As Paisaxes de Camille na Rúa

Publicidad

A asociación leva 40 anos apoiando as persoas con diversidade funcional a través da expresión artística

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional estreou onte, 5 de novembro, no Centro Cultural Avenida do Concello A Rúa a primeira actuación da acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero no rural «As paisaxes de Camille».

Esta acción busca apoiar ás mulleres con diversidade funcional a través da expresión artística, explorando a contención, a rabia, a delicadeza e a sonoridade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida de Camille Claudel. 

A Rúa foi a primeira parada das 5 que se desenvolverán nos vindeiros días.

Publicidad

Nesta primeira entrega estuvo o alcalde da Rúa, Álvaro José Fernández. Representando a Ambar, estivo Zeltia Iglesias, responsable do proxecto e integradora social da entidade.

As persoas asistente recibiron un agasallo personalizado elaborado polas persoas con diversidade funcional que asisten ós obradoiros ocupacionais de Ambar. 

Esta acción enmarcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada
pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Ambar, leva 40 anos traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional, e
creando programas específicos para mulleres con diversidade funcional.

O grupo de Artes Escénicas naceu no 2015 co obxectivo de apoderar as persoas con
diversidade funcional a través da expresión artística. Agora mesmo está integrado
completamente por mulleres, onde mínimo unha vez ó ano se realizan accións artísticas na
comunidade cunha temática de interese social.

Neste 2021 O grupo de artes escénicas de Ambar recibiu o V Premio Begoña Caamaño da
acción cultural pola igualdade, grazas ó uso da cultura como ferramenta de inclusión e
eliminación de desigualdades.