Alumnado do IES Lauro Olmo promove no comercio local a campaña «¡Aquí tamen se fala!»

Publicidad

Fomenta o uso do galego e conta coa colaboración nesta iniciativa do Centro Comercial Aberto

O alumnado de 1º de bacharelato do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras participa na campaña «¡Aquí tamén se fala!» xunto con outros 160 institutos de Galicia. Trátase de promover o uso do galego entre o sector do comercio.

É unha campaña de dinamización lingüística da mocidade estudantil, con accións directas nos barrios e na contorna inmediata de cada alumno.

Publicidad

O proxecto comenzou no IES Rafael Dieste da Coruña e agora se estende por centros de todo país.

Publicidad

O obxectivo é «rachar cos prexuízos dunha suposta Galicia que pretende dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galicia que non fala galego. Ou de que no mundo da empresa non se usa, nin nos barrios, nin nas vilas», explican dende a organización.

O alumnado entrará nun local comercial, preguntará se pode poñer o cartaz do instituto para fomentar o uso do galego e fará unha fotografía ca foto do establecemento comercial co cartel.

No Barco de Valdeorras os comercios do Centro Comercial Aberto colaboran tamén nesta campaña co alumnado do centro.

Mañá xoves, ás 17,00 horas, o alumnado visitará a zona da rúa Estación do Barco, ademais de outras zonas para entregar o panel de promoción da lingua e difundilo nas redes.