Recibiu un accésit no concurso autonómico «Nós tamen creamos»
O CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras ven de recibir o premio de Accésit no concurso autonómico “Nós tamén creamos”, na categoría de Infantil, na que participou o alumnado de Educación Infantil. O traballo foi titulado «O avó de Zulaimar».
O premio, que xerou entusiasmo e moita ledicia no colexio, foi entregado hoxe en Santiago de Compostela.