Alfredo García presentou o seu proxecto de cambio do PSOE no Ribeiro, A Limia e Celanova

Alfredo García, en Xinzo de Limia
Publicidad

Achegou aos militantes o seu proxecto como candidato para liderar a Secretaría Provincial do PsdeG-PSOE

O candidato á secretaría xeral do PSdeG-PSOE de Ourense escoitou durante esta fin de semana aos militantes das comarcas ourensás do Ribeiro, de Monterrei, de A Limia e de Terras de Celanova onde presentou o seu proxecto de “cambio e unidade do partido” e escoitou as inquedanzas dos socialistas non para ser o “futuro do socialismo ourensán” senón para que “o socialismo ourensán teña futuro”.

Alfredo García estivo acompañado por diferentes cargos públicos e institucionais do PSOE ourensán e contou coas intervencións da alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; a alcaldesa de Xinzo de Limia e deputada provincial, Elvira Lama; e a concelleira de Celanova, Teresa Barje.

Tamén estivo o alcalde socialista de Carballeda de Avia, Luis Milia, quen amosou o seu apoio a García quen asegura que “representa un proxecto de alma municipalista” ante a necesidade de que “todos contemos no partido” e se cumpra co que se lle di aos militantes.

Publicidad

Alfredo García encara a última semana de campaña, que culminará coas votacións do domingo 23, cun acto sectorial en defensa do feminismo “escoitando ás mulleres socialistas” da provincia para romper roles.

O acto terá lugar mañá luns 16 de xaneiro no centro de día de Os Gozos de Pereiro de Aguiar ás 20 horas e contará coa presenza das voceiras e concelleiras do PSOE ao longo da provincia. 

Prosigue así a campaña das primarias socialistas para elexir secretario provincial.