23 C
O Barco de Valdeorras
viernes, junio 5, 2026

Alfonso Rueda garante o apoio da Xunta ao sector da lousa

Publicidad

Reuniuse co Clúster da Pizarra na súa sede en Carballeda de Valdeorras

Na súa visita hoxe á comarca de Valdeorras, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión con representantes do Clúster da Pizarra, que preside Víctor Cobo, para abordar con este gremio os retos e necesidades dun sector que cualificou de clave para o rural galego.

Galicia é unha potencia a nivel europeo na extracción, elaboración e comercialización da lousa. Por este motivos, Rueda garantiulle ao sector o reforzo dos apoios do Goberno galego para seguir consolidando a Comunidade como un referente internacional neste eido.

Publicidad