Alfonso Rueda: «As Letras Galegas en Valdeorras foi o mellor xeito de empezar»

Publicidad

O Día das Letras foi o seu primeiro acto oficial como presidente da Xunta de Galicia despois da súa toma de posesión

O Día das Letras Galegas, este ano en Valdeorras, foi o primeiro acto institucional do novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda. A súa presenza suscitou curiosidade e expectación.

O alcalde do Barco, Alfredo García, dedicoulle unhas palabras durante a súa intervención no acto oficial das Letras. Dixo alegrarse de que sexa o novo presidente da Xunta. «Non teño dúbidas de que Valdeorras vai a estar no seu corazón, porque xa o estaba antes. É un pracer inmenso recibilo no Barco», manifestou en alusión a boa relación que mantén co presidente da Xunta.

Ao finalizar o acto, Alfonso Rueda, preguntado por Valdeorras de Cerca sobre qué sinte nesta nova andadura como presidente da Xunta e a futura relación con Valdeorras, o presidente lembrou que «as Letras Galegas, ao marxe do que foi a toma de posesión, foi o meu primeiro acto oficial. O feito de que coincida en Valdeorras, e celebrando ademais as Letras Galegas, é un magnífico xeito de comenzar, a mellor forma de empezar».

Publicidad

Engadiu que «o que comenza ben, que siga ben. Síntome moi a gusto. Teño unha moi boa relación co alcalde do Barco e estou encantado de estar en Valdeorras. Estou contento. Ogallá que todo siga tan ben».