Alfonso Rueda: «A miña motivación non é adoctrinar, nin derrotar a ninguén, é servir a Galicia»

Publicidad

O candidato do PP á presidencia da Xunta deu un mitin no Barco arropado polo presidente de la Junta de Castela e León

O PP encheu o Teatro Lauro Olmo no seu mitin no Barco. Alfonso Rueda, candidato popular á presidencia da Xunta de Galicia, foi recibido como unha estrela e, ao finalizar o acto, foron moitos os que quixeron besalo, fotografiarse con él. Rueda aclarou que «a miña motivación non é adoctrinaros, adoctrinar, como quere o nacionalismo, nen derrotar a ninguén, con esa obsesión que teñen por derrotar ao PP. A miña motivación é servir a Galicia para que siga mellorando».

Alfonso Rueda foi arropado polo presidente da Junta de Castilla e León, Alfonso Fernández Mañueco. Ambos suliñaron as relacións de irmandade entre Galicia e a Comunidade veciña. «A min me gusta sentirme arroupado, agradézcolle ao meu amigo, o meu tocallo, que esté apoiándome», agradecendo ademáis a presencia do alcalde de Ponferrada e bercianos que se achegaron ao mitin.

Interviron no mitin o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, quen expuxo que nos comicios hai dúas opcións “o presidente Rueda ou un multipartito. Rueda ten formación, ten experiencia, ten proxecto»; a delegada da Deputación en Valdeorras e alcaldesa de Carballeda, María del Carmen González, que chamou a apostar por Rueda e o candidato por Valdeorras, Xosé Manuel Merelles.

Publicidad

Entre o público, ademais de alcaldes e representantes do PP, estiveron o que foi presidente da Deputación, Manuel Baltar; o deputado Celso García Are; o alcalde de Ponferrada, Marco Antonio Morala López, alcaldesas, alcaldes e representantes municipais da comarca de Valdeorras e Viana do Bolo.

Alfonso Rueda tomou a palabra condenando o asesinato de dos garda civís en España. Expresou que preséntase as eleccións para «frenar esta esquerda insolidaria, soberbia e con tanta chulería».

Puxo por diante que «eu veño encantado a Valdeorras». E enxalzou a traxectoria do candidato valdeorrés Xosé Manuel Merelles, do que destacou a súa traxectoria ao fronte de Turismo e apuntou «vai ser un magnífico deputado».

Na contra dos que din que Rueda non ven a Valdeorras, Rueda fixo referencia a que a súa estrena como presidente da Xunta foi nesta comarca, no 2022 con motivo das Letras Galegas adicadas a Florencio Delgado Gurriarán. Dixo que, dende entón, pisou moitas veces esta terra para asistir a Feira do Viño, a vendimia, para inaugurar o polo de emprendemento e visitar as zonas queimadas polos incendios. E ata visitou a comarca en dúas ocasións con amigos en moto, relatou.

Cando foi dos incendios, indicou, Pedro Sánchez «veu a Valdeorras enfurruñado, con sete coches, subiu ata unha aldea e nos dixo que a culpa dos incendios era do cambio climático». Despois, «todos nos conxuramos para axudar», aínda que o Goberno socialista non cumpliu —indicou— e «a Xunta sí».

Alfonso Rueda falou de que se lle califica de xestor como si fora algo negativo: «como se administrar ben os cartos de todos e dedicarse a política fose un enorme defecto. Supoño que administrar ben lles parece unha perda de tempo e unha cousa absurda, pero a mín non, porque aí se ven as diferencias».

E puxo como exemplo que as axudas da Xunta contra os incendios, nunha semana «estaban convocadas e aos tres meses comenzaron a pagarse. A maioría das axudas de Pedro Sánchez sin pagarse», precisou, reafirmado despois a súa singularidade: «Son un bo xestor».

Rueda criticou o nacionalismo, que supón —argumentou— «levantar muros, dicir que somos diferentes, que na crispación e no xantaxe mutuo está a solución. Pero eso non vai co PP, nin cos galegos».

O candidato do PP pediu o voto para que «Galicia siga sendo o que é, para que sigamos tendo esa estabilidade e esa tranquilidade, e tamén para seguir sendo optimistas».

Pediu a confianza dos galegos porque «vou responder, para non fallarlles. Só pido un pacto con eles», dixo, porque «teño o mellor equipo e o mellor programa para Galicia».

Ofreceu como aval a súa xestión con bos datos de emprego, axudas na educación e aos maiores. E chamou a que Galicia «siga funcionando e superándose a si mesma” a partir do 18 de febreiro.

“A miña primeira e única motivación é servir a Galicia e que sigamos mellorando”. E dixo que o seu desexo é ser “un presidente de todos e a favor de todos”.

Pola súa banda, Xosé Manuel Merelles, que foi director de Axencia Galega de Turismo, número 11 da lista, comenzou reafirmando a súa identidade como rues. «Cando me propuxeron formar parte desta candidatura non o dubidei xa que considero que á a mellor oportunidade para seguir traballando a prol de Valdeorras, a terra onde me criei» e ofreceu o seu compromiso con Valdeorras.

Falou do illamento «ao que nos ten sometido o goberno socialista, a A-76 non está nin se lle espera”. Lamentou que o goberno local socialista rexeitase unha moción do PP barquense para a mellora da N-120 e falou do compromiso de Alfonso Rueda cos sectores primario, comercial, «coa xente da montaña», co sector vitivinícola, «esa xoia que non deixa de xerar postos de traballo», cos emprendedores, ca xente maior e ca infancia.

«O PP cre na igualdade de todos os galegos e así o demostra», dixo Merelles, quen sinalou que BNG e PSOE están convocando concentracións en pleno período electoral pola sanidade, mentres no pleno do Barco o goberno socialista vota en contra de construír un heliporto para facilitar o traslado de pacientes enfermos. «Así colabora o PSOE co noso hospital. Mentres o BNG reivindica o Centro de Saúde da Rúa, unha obra que Feijóo e Rueda que pronto vai ser unha realidade”, suliñou.

Merelles concluía pedindo unidade, “fai falta que esteamos máis unidos que nunca para que Rueda consiga a maioría absoluta que se merece».

Mañueco: «Galicia necesita un presidente como Alfonso Rueda»

El presidente de la Junta de Castilla y León , Alfonso Fernández Mañueco, dijo que hoy más que nunca Galicia necesita a Alfonso Rueda como presidente de Galicia, con un futuro mejor, estable, fuerte, que sabe gestionar con eficacia.

Argumentó que Alfonso Rueda defiende a Galicia y los intereses de toda España. «Lo demás es confusión, ruido, mucho ruido y eso no lo quieren los gallegos», expresó.