«Al-Majisti» na Veiga: Astronomía, literatura e música do 28 ao 30 de marzo

Publicidad

O evento foi presentado polo delegado da Xunta, Manuel Pardo, acompañado do alcalde, Juan Anta

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde da Veiga, Juan Anta, presentou esta mañá na Delegación Territorial o festival «Al–Majisti», que se desenvolverá os vindeiros 28,29 e 30 de marzo neste concello da alta montaña galega.

Trátase –explicou o delegado territorial- dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome ‘Al–Majisti’ é o topónimo árabe traducido como “o máis grande , o grande tratado” e foi empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso, -sinalou Manuel Pardo- que o festival tivo o ano pasado a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio”.

O festival está dirixido aos amantes da astronomía, aos afeccionados da novela histórica, aos seguidores da música folk galega e ao publico en xeral que terán a oportunidade de coñecer aos autores dos libros que se distribuirán, e terán -sinalou do delegado territorial- “a posibilidade de pasar unha fin de semana enriquecedora e divertida nun dos pobos máis bonitos da provincia de Ourense”.

Publicidad

Programa

O 28 de marzo será o día da conferencia inaugural “Paisaxes do glaciarismo: Trevinca colo laboratorio”. A cargo da relatora Valeria Paul Carril do Departamento de Xeografía da Universidade Santiago de Compostela.

A observación dun eclipse solar parcial abrirá a xornada do 29 de marzo que continuará coa conferencia “Eclipses de sol: 2026 – 2027 – 2028: El Trío Ibérico”, a cargo de Antonio A. Pazos, director do Real Instituto e Observatorio da Armada.

O documental Fulldome (cúpula completa) “Vía Láctea”, produción cedida pola Casa das Ciencias da Coruña e o Planetario de Pamplona, porá o peche do festival, o día 30 de marzo.

Este evento contará co respaldo de institucións como o Real Observatorio da Armada, o Museo Casa-Colón de Valladolid, a Fundación Starlight , o Planetario de Pamplona ou o Consello da Cultura Galega