A Comisión Especial de Contas deu hoxe o seu ditame positivo á aprobación inicial de dita Conta
A Comisión Especial de Contas do Concello da Rúa deu hoxe o seu ditame positivo á aprobación inicial da Conta Xeral do exercicio 2022. A aprobación chega tras un arduo traballo do equipo técnico do Concello no que se tivo que poñer ao día a contabilidade daquel exercicio e que non estaba rexistrada nos sistemas no cambio do equipo de goberno que tivo lugar en 2023.
Deste xeito, coa entrada do novo goberno e tamén da nova secretaria municipal, partíronse de cero uns traballos que se desenvolveron con moitas dificultades e tras detectar unha morea de incongruencias nos movementos realizados ao longo do exercicio 2022, expón o grupo de goberno (BNG, PSOE e RUA) nun comunicado.
«A inexistencia deste documento de Conta Xeral supuxo para o Concello da Rúa a perda de até 816.000€ en subvencións de concorrencia competitiva ás que viñamos aplicando e conseguindo con regularidade ano tras ano e para as que era requisito indispensable ter rendida a Conta», engade.
As subvencións de concorrencia competitiva convocadas pola Xunta e ás que o Concello da Rúa non puido concorrer en 2023 son as que seguen:
A aprobación inicial da conta de 2022 vén seguida dun período de exposición pública durante 15 tras o que pasará automaticamente a aprobación definitiva. O seguinte paso que levará adiante o Concello é a aprobación da liquidación e posterior Conta Xeral de 2023, que se foron elaborando de forma simultánea á Conta de 2022 para evitar a mesma situación de colapso en 2025 que se atopou o Concello en 2023, expón o grupo de goberno.
A conta arroxa un resultado axutado positivo de 854.178,37 € e un remanente de tesourería positivo de 468.048,32 €. O ano pechouse con 506.500,34 € pendentes de pagamento e máis de 2.000.000 de euros «en dereitos de dubidoso cobro», argumenta o grupo de goberno.
A conta de 2022 foi ditaminada favorablemente en Comisión Especial de Contas cos votos a favor do actual grupo de goberno (BNG, RUA, PSOE) e a abstención dos dous representantes do Partido Popular.