A Rúa acolleu a preestrea de»Florencio na Terra»

Publicidad

O documental está dirixido polo petinés Domingo Díaz ca produtora Social Docs e reflexa a vida de Florencio dende o prisma do exilio

O Centro Cultural Avenida da Rúa acolleu este domingo a preestrea do documental «Florencio na Terra», dirixido polo petinés Domingo Díaz Docampo ca produtora Social Docs ca colaboración da Deputación provincial de Ourense. É unha peza audiovisual na que levan traballando durante un ano que recolle un relato sobre a vida de Florencio Delgado Gurriarán dende un prisma diferente xa que o equipo de producción viaxou ata México, Guadalaxara, Veracruz para recoller, ademais, testimonios das poucas persoas que viven e que viaxaron en barco co poeta de Córgomo dende París ata México.

Domingo Díaz Docampo, durante a presentación do documental, dixo que aínda estase a traballar nunha versión definitiva que será unha estrea, que estase a preparar ca embaixada de México, e que farase de forma simultánea en Ciudad de México e Madrid.

Será a seguinte etapa das Letras de Florencio na que a Fundación Florencio Delgado Gurriarán empezará a funcionar poñendo nos cinemas e o foco nesta obra documental que inclúe ademais animación, a propia voz de Florencio (recollida nunha entrevista dos anos 60 de Dolores Plá, investigadora sobre o exilio español en México) e que incluirá unha recreación ca xente de Córgomo na citada versión definitiva.

Publicidad

O proxecto das Letras Galegas non acaba no 2022 senón que iniciará un novo camiño no 2023 para o que agarda todo o apoio e entusiasmo da comarca de Valdeorras. É unha nova aposta pola cultura.