Beatriz Dourado acadou o galardón ca súa obra “Ancorar toda esta auga”
A gala do IV Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán viviuse con emoción no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Ao comenzo da mesma aínda non se coñecía a persona ganadora, unha sorpresa e incógnita que desvelouse: O triunfo foi para a obra Ancorar toda esta auga de Beatriz López Dourado.
A poesía e Florencio fundíronse nunha exaltación da palabra na que tamén houbo música e musicalidade.
O evento cultural arredor de Florencio comenzou ca canción “Aí ven o maio” interpretada por nenos e nenas do CEIP Julio Gurriarán. Deseguido, apareceu sobre o escenario o condutor da gala, Anxo Baranga, activista que sempre defendeou e contribuiu a difundir a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Lembrou como en 1999 ningúen coñecía ao poeta de Córgomo e como hoxe, grazas ao traballo de personas e colectivos, xa e coñecido e recoñecido.
Baranga puxo por diante que esta edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán foi a máis especial de todas nun momento histórico para Valdeorras no que as Letras Galegas foron para o poeta de Córgomo.
Na gala, que contó coa asistencia de alcaldes e representantes municipais do Barco, A Rúa, Petín e Vilamartín, actuaron seis alumnas do IES Marco de Camballón de Vila de Cruces e tamén estivo Anxo Rei.
Os escolares tiveron o seu protagonismo e habilitouse unha exposición cos seus traballos feitos sobre Florencio.
Os membros do xurado desta edición foron María Xesús Lama, profesora da Universitat de Barcelona; Ramón Nicolás, crítico literario, profesor, tradutor e escritor; Antía Balvís, poeta e activista cultural que forma parte da xeración do século XXI dos poetas galegos; Cristina Pato, unha das creadoras de proxección internacional; Eilún del Pazo, poeta e gañadora da anterior edición do premio; e Emilio Vega, biblófilo, divulgador e membro de Valdeorras Infinda e do proxecto As Letras de Florencio.
Os textos finalistas, seleccionados entre 174 poemas, foron: Antígona cantoume polas vosas voces, de Patricia Carballal Miñán (Arcade, 1978); Ancorar toda esta auga, de Beatriz López Dourado (Barcelona, 1985); De tuin der lusten, de Francisco Javier Fernández Davila (Vigo, 1974); Receita cromática para unha visión libremente entendida, de Ana Barja López (Castro de Rei, 1987); e Europa 2079, de Lois Pérez Díaz (Lugo, 1979).