A Compañía Humana achega a escolares do Barco «Iphixenia na porta do súper»

Publicidad

O espectáculo será o xoves 5 de outubro

A Compañía Humana, formada por Antela Cid e Fran Peleteiro, arrinca a súa xira de outono cun dos mellores monólogos dos últimos anos: «Iphixenia na porta do súper». A peza está interpretado pola actriz Alba Caneda baixo a dirección de Sara Rey, quen dirixiu para o Centro Dramático Galego unha das pezas do proxecto “Shakespeare en Roma”. O espazo escénico e iluminación están deseñados por María Torres e Carmen Casal (As dúas e punto), e o espazo sonoro a cargo do compositor Marcos Grandal.
O espectáculo recalará o 5 de outubro no Barco de Valdeorras, cunha función para escolares; ó día seguinte, 6 de outubro, estará en Tui; o 15 de outubro en Vila de Cruces; o 22 de outubro no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo; o 3 de novembro en Boiro; o 10 de novembro nas Pontes de García Rodríguez; o 18 de novembro no Grove; o 24 de novembro en Foz; e o 25 de novembro na Guarda.

Iphixenia na porta do súper é a versión en galego de Iphigenia in Splott, un texto do galés Gary Owen que fai un paralelismo entre o sacrificio da Iphixenia do mito clásico e dunha moza de barrio actual, sen recursos, que sofre en primeira persoa as consecuencias da falta de médicos e de recortes sociais. Premiado como o
mellor texto teatral de 2015 no Reino Unido o aclamado monólogo pódese ver por primeira vez en Galicia e en galego.

Publicidad