«A Camisa» de Lauro Olmo, en podcast

Publicidad

Trátase de cinco episodios presentados hoxe pola presidenta do Consello da Cultura Galega e o Concello do Barco

O Consello da Cultura Galega e o Concello do Barco de Valdeorras presentaron hoxe no salón multiusos A Camisa, a adaptación sonora en formato podcast (cinco episodios) da peza dramática escrita polo barquense Lauro Olmo que retrata o drama da emigración na España dos anos sesenta. A emisión dos capítulos comeza hoxe, venres 25 de marzo, desde a web do CCG e as súas redes sociais. Cada venres, emitirase un novo episodio ata o 22 abril, data en que se completa o proxecto.

Neste acto estivieron a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o alcalde do Barco, Alfredo García; a concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta; e unha das actrices que participan no proxecto, Melania Cruz.

A versión en galego de A Camisa é moito máis ca unha tradución. Foi levada a cabo por Ramón de Valenzuela, destacado membro do exilio galego, que representou a obra en Bos Aires, no Ateneo da Federación de Sociedades Galegas.

Publicidad

O alcalde do Barco, Alfredo García, suliñou que este ano é moi importante para O Barco dende o punto de vista das letras e artes pois ademais de «ter todo o ano dedicado a Florencio Delgado Gurriarán temos o centenario de Lauro Olmo e do pintor Díaz Ferrer. Son dous fillos do Barco».

Alfredo García contou que o fillo de Lauro Olmo non poido estar no acto si ben leeu unhas palabras súas de agradecemento e felicitación tanto ao Concello como a presidenta do Consello da Cultura Galega e ao director Tito Asorey polo «espléndido traballo realizado co podcast de A Camisa, un traballo excelente, fermoso, inteso e emotivo» tanto na dirección como no reparto como no obxectivo de divulgar a obra de Lauro Olmo, «o neno do Sil e da diáspora galega».

O alcalde dixo que para o Concello do Barco «é un orguio poñer en valor a obra de Lauro Olmo, deste fillo predilecto que foi, é, e será para sempre, Lauro Olmo».

Pola súa banda, Rosario Álvarez indicou que se cumple o centenario de Lauro Olmo pero tamén os 60 anos da estrea da súa obra A Camisa. «O teatro uniu dúas figuras, dun lado Lauro Olmo, preocupado pola situación da realidade que lle tocou vivir, e do outro, Ramón de Valenzuela, un namorado do teatro galego que fixo gran parte da súa obra no exilio americano” asegurou.

Destacou a colaboración institucional co Concello do Barco que fixo posible un proxecto que tamén ten outros fíos: “A temática da emigración, presente na obra e na biografía do propio Lauro Olmo, a dos exilios, nos que se atopaba Valenzuela, pero tamén o da critica a situación da época, a memoria da resistencia da loita contra o franquismo”.

A actriz Melania Cruz destacou que este traballo supuxo o obxectivo de que se coñeza mais a Lauro Olmo, que «tivo que trasladarse a Madrid, pero que fala moito de Galicia, das familias que tiveron que emigrar, dando unha perspectiva moi interesante», destacando tamén o «exercicio puramente teatral», da interpretación baixo a dirección de Tito Asorey.

A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, dixo que este é o primeiro paso para dar a coñecer mais a fondo a Lauro Olmo, qué é moi recoñecido no Barco, dando incluso nome a unha rúa, o teatro e un centro do ensino. Pola contra, «a súa obra non se coñece». Tamén lembrou que o escritor barquense «é máis coñecido fóra de Galicia que dentro por iso este é un primeiro paso para dar a coñecer a súa figura no noso país”..

Tito Asorey, da Quinta do Cuadrante, foi o encargado da adaptación sonora da historia en cinco capítulos de entre 12 e 15 minutos de duración. Non estivo presente na rolda por enfermidade pero enviou unhas notas en que afirma: “o reto era grande; en primeiro lugar, polo número de personaxes que habitan a peza de Lauro e, en segundo lugar, polo carácter realista da acción e a súa unidade de lugar, que facía que toda a acción se desenvolvese no patio de veciños dunha barriada de chabolas, con presenza de acción tanto dentro como fóra das casas. Contar ese trasfego de veciñanza nun teatro é claro polo seu carácter visual, pero contalo só co poder da palabra e dos sons requiría un especial coidado para que as sucesivas accións se clarificasen e aparecesen no imaxinario do ouvinte con claridade e pulsión dramática”.

Chus Silva foi a encargada da parte técnica da sonorización, que permitiu crear un espazo sonoro evocador. O elenco artístico está formado por Melania Cruz (Loliña, Lola), María Costas (avoa) Josito Porto (señor Paco, Ricardo), Nacho Castaño (Nacho, Sebas), Vanesa Sotelo (Muller, María), Tito Asorey (Xan, Tío Marabillas) e Davide González (Agostiño, Lolo). Rosa Moledo foi a responsable da asesoría lingüística.

.

Unha aposta polo teatro galego

Na adaptación en formato podcast de A camisa xúntanse varios feitos destacados. O primeiro deles é que se trata dun texto relevante para descubrir o drama da emigración, que sufriu o propio Lauro Olmo, xa que seu pai emigrou a Bos Aires, o que fixo que a súa familia se instalase en Madrid sendo el moi novo.

Olmo está considerado un dos dramaturgos máis representativos do Realismo Social durante os anos da ditadura franquista e das primeiras décadas da democracia. Tivo grande influencia nel a súa muller, Pilar Enciso, coa que escribiu varias obras infantís. A obra literaria dos dous, así como a documentación recibida e producida por eles, custódiase no Fondo Lauro Olmo do Centro de Documentación de las Artes Escénicas y de la Música (CDAEM).

O segundo é que Ramón de Valenzuela (Silleda, 1914-Sanxenxo, 1980) é autor da tradución da que se partiu neste proxecto. O silledense representa tamén a memoria do exilio, unha das liñas de traballo do CCG para este 2022. Valenzuela foi un deses homes que contribuíron cun teatro en galego diferente, no que fixo tanto achegas actorais, como orixinais da súa propia autoría, é o caso da peza teatral As bágoas do demo, ou a tradución de textos de interese por exemplo os de Lauro Olmo ou Synge.