A alcaldesa de Larouco, na executiva do PP provincial

Publicidad

O candidato a presidencia dos «populares» deu a coñecer os nomes das 105 persoas que hoxe levou ao congreso do partido

O candidato á reelección da presidencia do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, deu a coñecer os nomes das 105 persoas que hoxe domingo, día 26, propuxo ao plenario do 18º Congreso Provincial do PP como membros do comité executivo, e que lle acompañarán “nunha nova etapa da formación, que non supón un punto e seguido, senón o inicio dun proxecto político e de goberno que se resume nunha soa palabra: Ourense”.

Manuel Baltar entregou á presidenta do comité organizador, Jackeline Fernández, a composición da candidatura ao comité executivo, da que destacou que está “baseada na experiencia, pero cunha significativa incorporación da mocidade, porque eles son o futuro do partido e do noso territorio, e coa maioría feminina á que me comprometín no meu décalogo de propostas como candidato”.

Baltar propuxo para unha das nove vicesecretarías, concretamente a de Medio Rural, a Patricia Lamela, alcaldesa de Larouco.

Publicidad

Patricia Lamela expresou a través das redes sociais o seu agradecemento «por pensar en min para formar parte do Comité Executivo. Por que Galicia é rural; Ourense é rural. E orgullosa estou de ser alcaldesa dun dos Concellos máis pequenos ,onde me estou a facer esperta en resilencia. Puden escoller marchar…pero o amor pola miña terra igual que moit@s outros fixo que me quedase para loitar polos meus veciños. Agora traballarei moito máis por toda a provincia«.

A proposta é así:

  • Presidente:  José manuel baltar blanco, presidente da Deputación
  • Vicepresidente: Rosendo Luís Fernández Fernández, vicepresidente Deputación
  • Secretaria xeral:  Ana Villarino Pardo, deputada provincial

 Vicesecretarías xerais:

  • Acción sectorial: Jorge Pumar Tesouro, deputado provincial
  • Organización: Pablo Pérez Pérez, deputado provincial
  • Igualdade: María Antonia Rilo Veiga
  • Estudios e programas: Jackeline Elizabeth Fernández Macía
  • Economía e sectores productivos: Miguel Ángel Viso Diéguez, senador
  • Medio Rural: Patricia Lamela Rodríguez, alcaldesa de Larouco
  • Participación: Susana Vázquez Dorado, alcaldesa de Porqueira
  • Turismo e termalismo: Belén Gómez Quevedo

Voceira

Patricia Torres Madureira, deputada provincial

Coordinadores

  • Política provincial: Plácido Álvarez Dobaño, alcalde de Muiños e vicepresidente da Deputación
  • Política autonómica: Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente del Parlamento
  • Política nacional: Ana Belén Vázquez Blanco, deputada nacional
  • Oficina parlamentaria: María del Carmen Leyte Coello, senadora

Presidente novas xeracións: Nacho Campo González

Entre os nomes da proposta no ámbito dos secretarios executivos figuran os valdeorreses Moisés Blanco Paradelo (Grupo de Desenvolvemento Rural)e Avelino García Ferradal (Transparencia).

No apartado do comité de alcaldes e alcaldesas, unha das vocais é María del Carmen González, alcaldesa de Carballeda.

No comité de voceiros e voceiras na oposición está a barquense Sabina Aguado García.

No Comité Electoral, atópase como vocal o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández.

No Comité de Dereitos e Garantías, un dos vocais propostos é o alcalde de A Veiga, Juan Anta.