I Camiñada Montefurados, en Montefurado (Quiroga): 3 de agosto

Publicidad

O xeólogo Óscar Pazos guiará esta «andaina» na que se interpretará a historia da minería na zona

Óscar Pazos, xeólogo, organiza a  I Camiñada «Montefurados» en Quiroga (Lugo). Sairá as 10,00 horas da mañá da igrexa de San Miguel de Montefurado ata a Boca do Monte e regresará ao punto de partida.

O obxectivo desta camiñada é interpretar esta obra no seu contexto mineiro, rememorar o caso do «pozo de Steven» e doutras buscas lendarias (e cheas de equívocos) da arqueolóxia mineira como a da ruina montium.

Esta actividade é de balde, aberta a todo o público e non fai falla inscribirse. 

Publicidad

Serán uns 9 kilómetros nun tempo de 3 horas e media.

É un camiño fácil de andar e se aconsella calzado de montaña e levar auga. Tamén é recomendable deixar os coches fora da localidade pois hai pouco espazo para eles.

Unha andaina para coñecer a fondo historias da minería.