Abre o 17 de marzo ata o 1 de abril na Sala de Exposicións ABANCA
O Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) presentará a exposición «O volframio, entre a traxedia e o romanticismo» o vindeiro martes día 17 de marzo, na sala de exposicións ABANCA, na Praza do Príncipe do Barco de Valdeorras.
O IEV, coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, organizou unha mostra que atesoura unha ampla colección de fotos e planos orixinais dos anos 40, e outros interesantes obxectos procedentes da mina de Valborraz, en Casaio (Carballeda de Valdeorras).
O obxectivo é amosar o importante legado que deixou este metal en Valdeorras.
Dita colección concibiuse partindo das pezas orixinais da familia Fidalgo Trincado e doutros particulares.
O IEV agradece a colaboración do Concello do Barco e de Afundación para facer realidade esta iniciativa.
Visitar a exposición
Os interesados en visitar a mostra, poderán facelo desde o 17 de marzo ata o 1 de abril, na Sala de Exposicións ABANCA, sita na Praza do Príncipe, s/n, no Barco de Valdeorras.
O horario de visitas é de luns a venres de 17:30 a 20:30 horas. Polas mañás, para centros educativos, con cita previa nos teléfonos 988 50 93 94 e 666 311505, ou no email: info@comunicando.gal.







